O proxecto consiste na instalación dun panelado de obradoiro de traballo, un xerador de xeo en escama e un silo de almacenamento de xeo desmontable, situados no almacén da Palloza A1, no porto da Coruña. A finalidade principal é mellorar a calidade de conservación dos produtos da pesca artesanal e marisqueo, reducindo as perdas e descartes, e aumentando a vida útil do produto ata a súa comercialización.
Estas instalacións permitirán manter os produtos en mellores condicións sanitarias e de frescura, ao tempo que reducen o consumo de enerxía, a pegada de carbono e o uso de auga, grazas ao emprego de maquinaria máis eficiente. Ademais, contribúen á redución do número de envases necesarios e melloran a trazabilidade e a imaxe do produto pesqueiro como alimento fresco e saudable.
O proxecto tamén aposta pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e pola non discriminación por razón de orixe, sexo ou orientación sexual, promovendo unha cultura de traballo xusta e igualitaria.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Incrementar e mellorar a comercialización mediante a conservación adecuada do produto.
- Reducir a pegada ecolóxica e o consumo de recursos naturais (auga e enerxía).
- Diminuír as perdas por deterioración grazas a un mellor almacenamento.
- Reducir o número de envases, contribuíndo á redución de residuos.
- Pór en valor o produto pesqueiro fresco como alimento de calidade.
- Manter o emprego das persoas traballadoras da empresa.
- Fomentar a igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral.
- Reforzar o compromiso coa non discriminación e a inclusión.
- Impulsar a comercialización sostible da pesca costeira artesanal.
- Conservación óptima do produto pesqueiro en condicións hixiénicas e de frescura.
- Aumento da calidade e da vida útil do produto ata a súa venda.
- Redución do desperdicio alimentario e das perdas económicas por deterioración.
- Menor impacto ambiental: aforro enerxético, menor consumo de auga e menos envases.
- Mellora da imaxe e competitividade do produto no mercado.
- Fortalecemento da estabilidade laboral da plantilla.
- Promoción de valores de igualdade, inclusión e responsabilidade social.
- Instalación do panelado desmontable para o obradoiro de traballo.
- Instalación dun xerador de xeo en escama de alta eficiencia.
- Instalación dun silo desmontable de almacenamento de xeo.
- Montaxe e posta en marcha de todo o equipamento no almacén Palloza A1 do porto da Coruña.
- Integración das novas instalacións nos procesos loxísticos e comerciais actuais.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

