
O proxecto está basesado na rehabilitación dun local comercial para o emprego do mesmo como obrador de empanadas. Para iso adquirese a maquinaria e equipamento necesarios.
Con sinerxias creadas no territorio cos pescadores locais e cos integrantes de Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, búscase un producto diferenciado pola súa calidade baixo a marca "Empanadas do Mar".
Os pescadores locais achegan o peixe cunha calidade inmellorable, pois a proximidade fai que non perda as súas mellores características no transporte; e ao mesmo tempo os productores agrícolas aportan os productos da terra, libres de tratamientos industriais para conseguir un sabor diferenciado.
Este proxecto axuda a consolidar a cadea de valor, incrementando o valor engadido dos productos do mar dunha forma sostible e nunha mezcla entre tradicción e innovación.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo do proxecto é a posta en marcha dunha nova liña de negocio vinculada directamente co territorio para pór en valor, nun alimento tan galego como é a empanada, os productos do mar do Golfo Ártabro Sur aunando tradición e innovación vencellada co territorio, baixo a marca de "Empanadas do Mar" e vinculado coa actividade mariñeira, ao tempo que se amplia a actividade da empresa cara un maior valor engadido.
O proxecto busca tamén potenciar a iteracción dunha actividade xa consolidada como é o supermercado que desenvolve a empresa actualmente cunha nova liña de negocio centrada nos productos tradicionais da costa e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo potenciando as sinerxias cos productores locais para atender a unha demanda cada vez maior de productos autóctonos, sans, non tratados industrialmente e centrados na economía local e sustentable.
A atención está centrada en dous obxectivos:
- Por en marcha a liña de negocio "Empanadas do Mar" cun producto diferencial e innovador
- Abrir e consolidar unha nova fórmula empresarial no territorio, buscando máximas sinerxias coa poboación local.
O proxecto pretende os seguintes resultados:
- Pór en marcha unha nova fórmula de negocio potenciando a diversificación da economía local e actual da empresa poñendo o valor na atracción polo producto local derivado da empresa do propio GALP Golfo Ártabro Sur e das excelentes materias primas do territorio.
- Xerar novos empregos no ámbito das actividades locais diversificadoras, ao tempo que se da mais posibilidades ao emprego indirecto a xerar tamén no territorio, tanto no sector do mar como auxiliares.
- Sentar as bases dun novo modelo de negocio mais orientado á innovación do producto do mar e a súa integración cos productos autóctonos da Reserva da Biosfera, factores cada vez mais valorados pola poboación e que posibiliten unha maior consolidación da economía local e recoñecemento do valor dos productos da nosa terra.
As principais actividades do proxecto son as seguintes:
- Rehabilitación do local comercial emprazado no Lugar da Brea, 44 Guísamo.
- Adquisición e instalación do equipamento e da maquinaria necesaria para a instalación dun obrador de pan e empanadas para permitir a súa elaboración.
Obxectivo Estratéxico 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento de valor engadido dos productos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de suministro dos productos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo Específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local.
Liña de actuación1.1.2.: Apostar por un modelo innovador na comercialización dos productos pesqueiros locais.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)