Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proxecto para a fabricación e comercialización de empanadas do mar con productos do Golfo Ártabro

O proxecto está basesado na rehabilitación dun local comercial para o emprego do mesmo como obrador de empanadas. Para iso adquirese a maquinaria e equipamento necesarios. 

Con sinerxias creadas no territorio cos pescadores locais e cos integrantes de Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, búscase un producto diferenciado pola súa calidade baixo a marca "Empanadas do Mar".

Os pescadores locais achegan o peixe cunha calidade inmellorable, pois a proximidade fai que non perda as súas mellores características no transporte; e ao mesmo tempo os productores agrícolas aportan os productos da terra, libres de tratamientos industriais para conseguir un sabor diferenciado. 

Este proxecto axuda a consolidar a cadea de valor, incrementando o valor engadido dos productos do mar dunha forma sostible e nunha mezcla entre tradicción e innovación.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
Empanadas do Mar
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Rocío Otín Estrada
Datos de interese: 
Moroan Inversiones é unha sociedade constituída en 2002 que ten entre outros ámbitos un negocio de distribución de alimientación, que posúe un nivel de negocio de 1 millón de euros anuais. Anualmente dende 2016 a súa plantilla increméntase, amosando con estos datos a capacidade de consolidación e desenvolvemento dun mercado intensivo como é o da alimentación.
Perfil empresarial: 
No 2002 a promotora xunto coa súa socia deciden formar Moroan Inversiones SL, estando as dúas como xerentes da mesma adquirindo competencias en tódolos ámbitos da empresa. No 2014 a empresa promove unha relación comercial con Gadisa Retail SLU abrindo un supermercado da franquicia Claudio. No ano 2018 son elixidas representantes do comercio polo miúdo na provincia de A Coruña, no pleno da Cámara de Comercio.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados para os grupoas de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
18/07/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

O proxecto realizase en Guísamo unha localidade do Concello de Bergondo. Pero polo tipo de negocio e a súa localización na carretera N-VI dirección A Coruña, a cantidade de tránsito que por ela circula produce que a repercusión do proxecto chegue a toda a contorna, tanto á Comarca de A Coruña como á Comarca de Betanzos.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
479.569,61
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
396.412,90
Total axuda pública aprobada (€): 
198.206,45
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
168.475,48
FEMP (%): 
85
CA (€): 
29.730,97
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo do proxecto é a posta en marcha dunha nova liña de negocio vinculada directamente co territorio para pór en valor, nun alimento tan galego como é a empanada, os productos do mar do Golfo Ártabro Sur aunando tradición e innovación vencellada co territorio, baixo a marca de "Empanadas do Mar" e vinculado coa actividade mariñeira, ao tempo que se amplia a actividade da empresa cara un maior valor engadido. 

O proxecto busca tamén potenciar a iteracción dunha actividade xa consolidada como é o supermercado que desenvolve a empresa actualmente cunha nova liña de negocio centrada nos productos tradicionais da costa e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo potenciando as sinerxias cos productores locais para atender a unha demanda cada vez maior de productos autóctonos, sans, non tratados industrialmente e centrados na economía local e sustentable. 

A atención está centrada en dous obxectivos:

- Por en marcha a liña de negocio "Empanadas do Mar" cun producto diferencial e innovador 

- Abrir e consolidar unha nova fórmula empresarial no territorio, buscando máximas sinerxias coa poboación local.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O proxecto pretende os seguintes resultados:

- Pór en marcha unha nova fórmula de negocio potenciando a diversificación da economía local e actual da empresa poñendo o valor na atracción polo producto local derivado da empresa do propio GALP Golfo Ártabro Sur e das excelentes materias primas do territorio. 

- Xerar novos empregos no ámbito das actividades locais diversificadoras, ao tempo que se da mais posibilidades ao emprego indirecto a xerar tamén no territorio, tanto no sector do mar como auxiliares. 

- Sentar as bases dun novo modelo de negocio mais orientado á innovación do producto do mar e a súa integración cos productos autóctonos da Reserva da Biosfera, factores cada vez mais valorados pola poboación e que posibiliten unha maior consolidación da economía local e recoñecemento do valor dos productos da nosa terra. 

Principais actividades do proxecto: 

As principais actividades do proxecto son as seguintes: 

- Rehabilitación do local comercial emprazado no Lugar da Brea, 44 Guísamo.

- Adquisición e instalación do equipamento e da maquinaria necesaria para a instalación dun obrador de pan e empanadas para permitir a súa elaboración. 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento de valor engadido dos productos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de suministro dos productos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños. 

 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo Específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local.

Liña de actuación1.1.2.: Apostar por un modelo innovador na comercialización dos productos pesqueiros locais.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)