Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Seminario para mellorar a contribución dos GALP a nivel local

Mañá comeza en Vigo o seminario  “Los GALP y la gestión local de recursos”, organizado pola Red Europea de Zonas de Pesca (FARNET). O seminario levarase a cabo do 13 ao 15 de marzo e se desenvolverá en diferentes lugares da cidade de Vigo, centrándose a actividade no centro de conferencias 'Mar de Vigo'.
 
O obxectivo principal desta xuntanza é mellorar o apoio dos GALP co fin de optimizar a xestión dos recursos locais, coñecendo como poden contribuír activamente os GALP a un enfoque ascendente na xestión dos recursos locais e que papel poden desempeñar neste proceso e tamén como poden os GALP axudar a mellorar a sustentabilidade das actividades locais e á conservación do medio ambiente.
 
Para iso, o martes 13 realizaranse as primeiras actividades de toma de contacto entre os participantes, que deixarán paso o martes aos diferentes seminarios que hai programados sobre a materia a tratar. As conferencias continuarán o xoves, último día da xornada, data escollida tamén para levar a cabo un traballo de campo.
 
Adxuntamos o programa completo do evento. PROGRAMA