
Instalación e montaxe dunha depuradora de marisco nun local anexo á Lonxa da Confraría e o despacho do produto pesqueiro, así como compra da maquinaria e equipamento necesario para desenvolver esta nova actividade na Confraría de Pescadores de Ferrol. Con este proxecto preténdese principalmente non ter que depender de depuradoras externas, encargándose eles directamente da xestión da venta do produto capturado polos socios e socias e outras embarcacións e mariscadores e mariscadoras que se acheguen á Lonxa de Ferrol. As actuacións deste proxecto consistirán en que a Confraría de Pescadores de Ferrol compre o produto aos profesionais na subasta, para posteriormente depuralo, etiquetalo, empaquetalo e poder ser distribuido entre o público en xeral e a pequenos comercios de restauración.
Esta nova iniciativa vai a beneficiar a todo o sector do mar de Ferrol, do que dependen máis de 200 familias, revertindo nunha mellor explotación do recurso, mellor comercialización e máis ingresos, o que redundará nun maior movemento económico en todo tipo de negocios da zona.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral é a mellora da comercialización dos produtos da pesca e o marisqueo mediante a venda directa ao público en xeral.
Con este proxecto preténdese vender ao público en xeral os produtos capturados polos socios e socias e outras embarcacións e mariscadores que se acheguen a vender na lonxa de Ferrol. Os socios e socias desta Confraría traballan na ría ao marisqueo, tanto a flote como a pé. O produto principal capturado é marisco bivalvo (ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xapónica, berberecho, ostra e carneiro). Estes produtos non se están vendendo en subasta a consumidores finais porque a zona de extracción é clasificada como "B". A única forma de poder ser comercializada directamente é mediante a depuración do mesmo, para o que se preciso instalar unha depuradora nas instalacións da Confraría.
Esta venta ao público reflictese no precio ao non ter que depender dos intermediarios, sobre todo na parte do marisco, que actualmente estábase a depender das depuradoras externas que son as que compraban para depurar e revender.
Mellorar o prezo de venda dos produtos, acadando un aumento nas rendas dos socios e socias e as súas familias.
Venda directa dos produtos da pesca e do mar, prescindindo o máximo posible de intermediarios, evitando a perda de prezo que ocasiona o ter que pasar por dous intermediarios como se está a facer actualmente.
A Confraría de Pescadores de Ferrol, pasará a ser con este proxecto, un comprador máis, coa vantaxe ante outros, que vai ser comprador en lonxa e depuradora ao mesmo tempo.
- Instalación e montaxe depuradora de mariscos.
- Maquinaria: cerradora de bolsas; balanza de plato de 30 kg.
- Equipamento: Mesa de selección de marisco
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)