
O Concello de Paderne, dentro da “Mostra de Branco Lexítimo” que celebra todos os anos, organizou uns obradoiros de cociña os días 2 e 3 de xullo de 2016, co obxectivo principal de favorecer a integración dos produtos da terra cos produtos do mar (ameixa, mexillón e polbo).
Para levar a cabo estes obradoiros de cociña contratáronse cociñeiros para elaborar ante o público pratos cos produtos do mar (que foron adquiridos ás Confrarías do territorio do GALP) e co “Viño da Terra de Betanzos”, explicando paso a paso aos asistentes a elaboración dos mesmos, e posteriormente foron degustados.
Á vez que ían cociñando estes produtos, tamén íase explicando ao público as diferentes formas de conservar e aproveitar os sobrantes. O concello de Paderne repartiu nesta feira, folletos con información do Galp Golfo Ártabro Norte, para dalo a coñecer no territorio.
|
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Potenciar unha oferta completa e de calidade vinculada á actividade mariñeira na zona, a súa cultura e as súas tradicións.
- Promover o asentamento de novas iniciativas emprendedoras de turismo, vinculado ao medio mariño e ao seu entorno.
- Promover xunto cos axentes do territorio a creación e/ou a posta a disposición de espazos para o asentamento de novas empresas a persoas emprendedoras con proxectos viables.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)