
O GALP Golfo Ártabro Norte organiza dous obradoiros formativos no marco do seu Plan de Animación para impulsar a participación na vindeira convocatoria de axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
As sesións celebraranse os días 17 e 18 de novembro de 2026, serán impartidas por Suso de la Fuente e Maica Freire e terán unha duración estimada dunha hora e media cada unha.
Como elaborar e defender o meu proxecto. Este obradoiro está dirixido a persoas emprendedoras, empresas, concellos e asociacións que queiran desenvolver iniciativas vinculadas ao sector do mar.
Celebrarase o martes 17 de novembro, con tres opcións de participación:
-
Presencial, na Casa do Pescador de Miño, ás 10:30 ou ás 12:00 horas.
-
Online, ás 16:00 horas.
Como difundir a convocatoria de axudas do GALP. O mércores 18 de novembro, ás 17:30 horas, desenvolverase unha sesión online dirixida aos membros da Xunta Directiva do GALP, coa finalidade de facilitar ferramentas para divulgar a convocatoria e captar novos proxectos no territorio.
Inscricións. As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico a maicafreire@gmail.com, indicando a sesión e o horario de interese.

