
A exposición itinerante do certame escolar de debuxo e colaxe «A miña peixeira e máis eu», impulsada polo GALP Golfo Ártabro Norte no marco do seu Plan de Animación 2026, pode visitarse no Mercado Municipal de Pontedeume ata o luns 30 de novembro.
Tras o seu paso por Ferrol e Mugardos, a mostra pecha o seu percorrido en Pontedeume coas obras seleccionadas do alumnado do CEIP Plurilingüe de Andrade. As creacións achegan a mirada da infancia sobre o oficio das peixeiras, a pesca sostible e o comercio de proximidade, acompañadas de elementos tradicionais da actividade pesqueira e marisqueira.
A iniciativa busca achegar a cultura mariñeira ás novas xeracións e poñer en valor o papel dos mercados municipais e das persoas que traballan no sector.
O GALP Golfo Ártabro Norte agradece a participación da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Andrade e a colaboración do Concello de Pontedeume e da Confraría de Pescadores de Pontedeume no desenvolvemento desta actividade.
A cidadanía poderá visitar a exposición durante estes últimos días de novembro e coñecer as propostas do alumnado nun espazo vinculado á comercialización do produto local.

