
Posta en marcha por unha muller do Concello de Miño, apoiada por seu irmán, un mozo menor de 30 anos, dun novo establecemento turístico e mariñeiro. O avó destes dous irmáns, primeiro mariñeiro, despois patrón de pesca, traballou sempre no mar, polo que con este novo hostal en Miño, a través da imaxe que van a proxectar, queren darlle unha homenaxe ao seu avó, mantendo a súa memoria histórica.
Darlle unha nova decoración ao local, onde antigamente estaba o hostal familiar fundado en 1968, para integrar a imaxe do establecemento co entorno, dándolle un aspecto máis acorde cos tempos actuais, e poder competir con outros destinos. As actuacións tamén contemplan adaptarse á normativa de obrigado cumprimento de accesibilidade, a instalación dun salvaescaleiras dende a rúa, un axeo xeral adaptado e un dormitorio con baño adaptado a persoas con mobilidade reducida. Eliminación barreiras arquitéctonicas...
Neste establecemento ofrecerán aos seus clientes, ademáis do servizo de aloxamento e almorzo, actividades de turismo mariñeiro coordinadas con diferentes entidades do territorio, co obxecto final de mellorar a calidade do destino e dar a coñecer o pobo costeiro e o mar de Miño.
A tradición mariñeira de Miño e da familia da promotora, terá a súa pegada na decoración do establecemento, con imaxes mariñeiras, fotografías de artes de pesca tradicionais, elementos de navegación como obxecto para a decoración e identidade corporativa do Hostal.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Promover o patrimonio mariñeiro e costeiro dende o Hostal que diferencie o destino de Miño, deixando de ser unha localidade de visita á praia e comezar a asentar un turismo sustentábel durante todo o ano. Desestacionalización do turismo.
- Creación de dous empregos a tempo completo, e traballo a tempo parcial nas tempadas altas (servizo de habitacións, limpeza....) no Concello de Miño.
- Aumentar sinerxias con provedores locais de Miño, así como colaboración con axentes locais do territorio (asociacións, confrararías, clubs náuticos...).
- Ofrecer un novo servizo aos peregrinos do Camiño Inglés, que vén dende Ferrol. O Hostal está situado aos pes do Camiño de Santiago, non tendo necesidade de desviarse.
- Ofrecer actividades alternativas: prácticas de deportes acúaticos, aluguer de bicicletas para rutas pola costa.....
- Aumentar o número de prazas de aloxamento en Miño, que repercuta nun turismo de calidade, con máis gasto e alongando estadías na zona.
- Promover o patrimonio mariñeiro e costeiro dende o Hostal que diferencie o destino do pobo costeiro de Miño, para deixar de ser unha localidade de visita de praia e comezar a asentar un turismo sustentábel durante todo o ano.
- Xeración de postos de traballo no pobo costeiro de Miño.
- Colaboración con axentes locais, confrarías, asociacións, club náuticos.....
- Centralización de información turística no hostal, fundamental para difundir o patrimonio e os puntos de interese locais, xa que nos aloxamentos é onde o visitante fai a primeira planificación da súa estadia, pasa as horas de descanso e pode preguntar a un profesional para que o asesore.
- Rehabilitación e adaptación inmoble para uso turístico no pobo costeiro de Miño
1.Mellora da competitividade o sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
2.Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
4.Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
1.1.Mellora da competividade do sector pesqueiro
2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio
2.2. Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración de oferta para mellorar a súa competitividade.
4.1. Posta en valor do patrimonio mariñeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)