Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Vidas Mariñeiras

Dende o GALP do Golfo Ártabro Norte, entidade colaboradora na xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca coa Consellería do Mar, poñemos en marcha unha nova edición do programa de formación audiovisual Vidas Mariñeiras.

Vidas mariñeiras é un programa pedagóxico que ofrece ao alumnado de secundaria e bacharelato unha base teórico-práctica e unha formación en técnicas audiovisuais, poñendo en valor a nosa cultura e patrimonio mariñeiro.

Este programa está dirixido aos centros de ensino público da nosa zona costeira, que comprende os concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos,  Fene,  Neda, Ferrol e Narón.

Pódese consultar máis información na web de Vidas Mariñeiras.