Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Relación provisional admitida/os proceso selección auxiliar administrativa/o GALP Golfo Ártabro Norte

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, tal como se indica no punto 6 “PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO” das bases reguladoras, procédese á publicación da lista provisional de persoas admitidas para concorrer a este proceso. A lista provisional de persoas admitidas conterá a relación de persoas que poden optar ás diferentes probas e tamén a relación de persoas excluídas, coa indicación dos motivos que orixinaron a súa exclusión. 

A partir da data de publicación, as persoas que resultaran excluídas poderán presentar a correspondente reclamación, se o estiman oportuno, para emendar os defectos que motivaron tal exclusión. O prazo máximo para a presentación da documentación para a subsanación de defectos ou, no seu caso a oportuna reclamación, é de 2 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da lista provisional de persoas admitidas/excluídas. As persoas que resultaran excluídas por presentar a solicitude fóra de prazo quedarán excluídas definitivamente do proceso. 

LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS/EXCLUÍDAS