Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte Convocatoria 2024 (orde do 28 de decembro de 2023)

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipo de gasto (DOG nº22 do 31 de xaneiro de 2024). 

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:

Certificado Xunta Directiva resolución provisional Convocatoria 2024

Anexo I. Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2024

Anexo II. Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2024

Anexo III. Proposta provisional Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2024

Anexo IV. Informes de valoración 770 e 780. 

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos das partidas orzamentarias 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos  da Convocatoria 2024, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 770 e 780 para esta convocatoria 2024.

Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na web galp.xunta.gal, rematando o prazo de presentación de alegacións o día 17 de abril de 2024.