Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Anuncio de contratación para a realización dun Video Promocional do Camiño do Mar

O presente anuncio realízase para a contratación dunha Asistencia Técnica para levar a cabo a realización dun video promocional do Camiño do Mar , unha variante do Camiño Norte, que desde Ribadeo chega a Ferrol para enlazar co Camiño Inglés no seu percorrido a Santiago de Compostela. Un percorrido que transcorre por todos os concellos que forman parte do territorio do Galp A Mariña Ortegal tratando de exaltar o noso patrimonio, cultura, natureza e gastronomía.

A información sobre os requisitos das propostas e prescricións técnicas, pódese consultar no documento adxunto a este anuncio.

A proposta técnica e oferta económica, que deberá vir acompañada do Anexo III que se adxunta a este anuncio, pódense presentar ata 10 días hábiles a partires da publicación deste anuncio (23 de febreiro), no seguinte enderezo electrónico: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal. A documentación deberá ter firma dixital, senón será necesario presentar os documentos orixinais no seguinte enderezo:

GALP A Mariña-Ortegal

Rúa Misericordia, 35 Baixo

27850 Viveiro (Lugo)

 

Especificacións técnicas:/sites/default/files/camino_do_mar_especificacions_tecnicas_1.pdf

Anexo III:/sites/default/files/camino_do_mar_anexo_iii.docx