Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra promove cursos de Whatsapp Marketing na súa área de influencia

A formación levarase a cabo en Marín, Bueu, Portonovo e Pontevedra

O GALP Ría de Pontevedra promove unha actividade formativa centrada na plataforma WhatsApp co fin de achegar ás persoas participantes estratexias para usar esta rede social como ferramenta de márketing, comunicación e vendas.

O curso de 'WhatsApp Marketing para a venda de produtos e servizos nas prazas de abastos' é unha formación teórica e práctica para sacarlle o máximo partido á plataforma WhatsApp e así aumentar as vendas de produtos e servizos.

O curso ten unha duración de dúas horas e realizarase en Marín, Bueu, Pontevedra e Portonovo. O luns, 19 de outubro, terán lugar dúas sesións, unha ás 17:00 horas na Biblioteca Municipal de Marín e outras ás 19:30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu. O luns, 26 de outubro, a formación impartirase na Lonxa de Portonovo ás 17:00 horas e a última sesión será o luns, 2 de novembro, ás 16:30 horas na Asociación de Autónomos e Pequenas empresas de Galicia en Pontevedra.

O curso será impartido polo asesor e formador en marketing e tecnoloxía aplicada a empresas, Alberto Falcón. O docente conta con máis de 18 anos de experiencia en proxectos tecnolóxicos para empresas como KPMG, Tecnocom, Velneo ou PwC. Actualmente é director de márketing de LEMA e docente homologado pola Escuela de Organización Industrial (EOI). A actividade tamén contará coa presenza de "La Pescadería de mi Barrio" que explicará a súa experiencia e o resultado do seu éxito.

A reserva de prazas pódese facer chamando ao 604 022 612 ou enviando un correo electrónico a elpescadoartesanal@gmail.com

Esta actividade está financiada pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca como actividade de dinamización do GALP Ría de Pontevedra.