Thursday, 14 de March de 2024 - 12:03

Os días 13 e 14 de marzo de 2024 representantes do GALP7 participaron nas xornadas de Blue Atlantic Forum, celebradas no Parador de Baiona.
A xerencia presentou as axudas que xestiona o GALP7 dentro da mesa "Emprendemento na economía azul". Nesta mesa participaron Jose Manuel Fedriani (Coordinador da incubadora de Alta Tecnoloxía Incubazul do Consorcio da Zona Franca de Cádiz) e Antornio Gaglo(Socio fundador de ECOCABANS). A mesa estivo moderada por Jacobo García - Durán (Director de Turislab).

