Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Moaña 0.0

Con este proxecto mellórase a capacidade loxística e comercial, mellorando a prestación de servizos aos socios/as desta Confraría. Isto favorece un aumento dos ingresos e suporá unha mellora na calidade de vida, saúde e conciliación familiar.
A implementación do uso das enerxías renovables coa adquisición dun vehículo eléctrico diminuirá as emisión de CO2 mitigando os efectos do cambio climático.
Coa introdución de tecnoloxías dixitais melloraranse as actividades de xestión coma o sistema de rastrexabilidade do produto marisqueiro e a xeración de documentación necesaria na venta do produto.

Cos tarefas de divulgación promóvese unha economía azul e circular:

- Actividade cultural e de difusión para o fomento das prácticas responsables e coidado do medio mariño para promover actividades de mitigacións dos efectos do cambio climático e a súa repercusión no territorio.
- Posta en valor do marisqueo como oficio tradicional. Auméntase a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio cultural material e inmaterial que implica o marisqueo, para garantir un maior coñecemento por parte da cidadanía. Desta maneira foméntase o benestar social.
- Posta en valor dos produtos do marisqueo que comercializa a Confraría de Pescadores "San Martín" de Moaña. Orientación dos consumidores cara un consumo consciente e sostible.
- As medidas de divulgación pretenden contribuír ao intercambio de coñecementos e experiencias, para reforzar a conexión coa mocidade como potencial foco de emprego no sector, resultando máis atractivo para eles e promovendo así o relevo xeracional.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cofradía de Pescadores "San Martín" de Moaña
Datos de interese: 
http://www.cofradiamoana.org/index-es.html
Perfil empresarial: 
Corporación de dereito público y sen ánimo de lucro, dotada de persoalidade xurídica e capacidade de obrar, para cumplir os seus fins e realizar as funcións que lle son encomendadas, actuando como órgano de consulta e colaboración coa administración, traballando na promoción do sector e na defensa dos seus intereses económicos, sociais e corporativo do sector do mar do acordo cos principios de legalidade, transparencia contable e democracia, na súa estructura interna e funcionamento.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

O proxecto levaráse a cabo no Concello de Moaña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
63.109,09
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
63.109,09
Total axuda pública aprobada (€): 
63.109,09
% Subvención: 
-
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
44.176,36
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
18.932,73
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Innovación nos procesos de comercialización mellorando o sistema de rastrexabilidad dos produtos e a cadea de valor co uso de novas tecnoloxías.

2. Promover o consumo dos produtos do marisqueo e por en valor o marisqueo como oficio tradicional coas campañas de difusión.

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental na zona local , accións que promovan a mitigación do cambio climático.

4. Posta en valor dos produtos que comercializa a Confraría de Pescadores San Martín de Moaña. 

5. Diminuír  positivamente a afección da diminución da despoboación o reto demográfico na localidade coa promoción do emprego no marisqueo ao por en valor súa actividade e modernizar actividade comercial resultando máis atractivo para o relevo xeracional  no sector. 

6. Melloras do proceso de comercialización do produto introducindo novas tecnoloxías móbiles e que favoreza a disminución da pega de carbono.

7. Mellora das competencias do sector co aumento da súa rendibilidade.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Incrementar a interacción entre os socios.

2. Co a mellora da cadea comercial, a sensibilización do cambio climático e a introdución de novas tecnoloxías preténdese mellorar o relevo xeracional no sector fomentando a igualdade de oportunidades no acceso, permanencia e promoción no sector de marisqueo sen discriminación de idade nin xénero.

3. Valorización do marisqueo como oficio tradicional aumentando a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio cultural material e inmaterial que implica o marisqueo  para garantir un maior coñecemento por parte da cidadanía.

4. Contribuír ao intercambio de coñecementos e experiencias, para reforzar a conexión coa mocidade, como potencial foco de emprego no sector.

5. Concienciar a cidadanía da zona da necesidade de reducir ás emisións contaminantes ao medio ambiente e incrementar o uso de enerxías alternativas e accións necesarias para mitigación do cambio climático

Principais actividades do proxecto: 

- Actividade cultural e de difusión para o fomento das prácticas responsables e coidado do medio mariño para promover actividades de mitigacións dos efectos do cambio climático e a súa repercusión no territorio.

- Posta en valor do marisqueo como oficio tradicional aumentando a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio cultural material e inmaterial que implica o marisqueo  para garantir un maior coñecemento por parte da cidadanía. Fomentando o benestar social.

- Posta en valor dos produtos do marisqueo que comercializa a Confraría de Pescadores "San Martín" de Moaña. Orientando aos consumidores un consumo consciente e sostible.

- No mesmo sentido, as medidas divulgación pretenden contribuír ao intercambio de coñecementos e experiencias, para reforzar a conexión coa mocidade, como potencial foco de emprego no sector resultando máis atractivo para eles e promover o relevo xeracional.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE 1.:Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1.: Incrementar o valor engadido dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura.

Actuación 1.1.1: Implantación de novo equipamento de loxística interna en zonas de almacenamento.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)