Wednesday, 10 de December de 2025 - 12:12

O día 8 de xullo celebrouse en Vigo a reunión de seguemento do Plan Blue Growth. Esta reunión funciona como punto de encontro para por en común temas de interese que afectan a competitividade dos sectores, e deseñar e por en marcha estratexias de acción conxuntas. Nesta xornada realizouse a presentación do proxecto “Camiñando polo Porto de Vigo” e do proxecto “Portemporis”. O evento rematou cun foro aberto sobre iniciativas relacionadas co patrimonio portuario e marítimo.

