Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita do GALP de Costa Brava aos GALP das Rías Baixas

O días 17, 18 e 19 de abril de 2024 os GALP Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo - A Guarda recibiron a visita do GALP Costa Brava.

No GALP Ría de Vigo - A Guarda visitaron as instalacións de ANFACO-CECOPESCA. A continuación coñeceron o funcionamento da empresa comercializadora de algas comestibles H.Q. Seaweed ubicada no Porto de Vigo. 

A seguinte parada foi en Vilaboa. Representantes da Confraría de pescadores de Vilaboa e do Concello explicaron o funcionamento da planta de compostaxe de algas.

A xornada rematou no Museo da Navegación de Baiona, onde representantes do Concello explicaron o proxecto "Oucas de Baiona"