
O día 20 de xuño a xerencia do GALP participou na xornada online do proxecto CoBlue organizada pola Universidade de Vigo.
CoBlue é un proxecto de investigación e innovación financiado pola Unión Europea a través do proxecto Reinforcing que busca afondar sobre a investigación e innovación responsable e aberta (ORRI, polas súas siglas en inglés: "Open and Responsible Research and Innovation" a partir dun caso de innovación concreto vinculado coa economía azul: a instalación dun parque eólico mariño offshore no suroeste de Galicia. Co fin de analizar a situación actual e recadar a opinión de tódalas partes implicadas e/ou afectadas no desenvolvemento teste tipo de infraestruturas (administración pública, sector privado, academia e sociedade civil) tense constituido un Foro comunitario integrado por unhas 30 persoas representantes das distintas partes interesadas que, durante tres sesións, traballarán de forma conxunta para chegar a unha proposta de recomendacións políticas que permitan definir como integrar a ORRI no desenvolvemento deste tipo de proxectos de produción enerxética.

