Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

FEIRA NÁUTICA DO FREIXO 2024

Celebración da II Edición da Feira Náutico do Freixo, no concello de Outes o evento xira en torno a  tres grandes fíos condutores: unha parte profesional destinada principalmente a conseguir auto valoración, visibilidade, promoción e volume de negocio para profesionais e empresas relacionadas co sector, unha parte divulgativa orientada o coñecemento

e posta en valor da histórica tradición da actividade náutica e do patrimonio cultural mariñeiro centrado na carpintaría de Ribeira, actividade na que o Concello de Outes ven sendo referente dende antaño,   a acuicultura e a pesca, e por último unha parte lúdico-cultural pensado tanto para o público local como para os visitantes cargado de propostas turísticas e de lecer.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Outes
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
18/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2023-2024
Data fin de execución: 
31/07/2024
Ámbito de aplicación: 

Concello de Outes

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
73.817,30 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
63.217,30 €
Total axuda pública aprobada (€): 
55.631,23 €
% Subvención: 
88
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.941,86
FEMP (%): 
70
CA (€): 
16.689,37
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Conquerir a visibilización, posta en valor, promoción e enriquecemento dos sectores do municipio vencellados ao mar: sector náutico, da pesca, do turismo e da acuicultura principalmente.

-Captación de público profesional e de empresas potencialmente interesadas en asinar contratos e realizar adquisicións de servizos, produtos ou mercadorías con empresas e profesionais da zona.

-Posta en valor do patrimonio marítimo vinculado a carpintería de ribeira e embarcacións tradicionais, contribuíndo a dinamización do tecido asociativo vencellado a este eido.

-Posta en valor da importancia da muller nos sectores relacionados co mar e fomentar e igualdade e a non discriminación.

-Potenciación dun  turismo náutico  sustentable e rexenerativo.

-Posta en valor da calidade da pesca e a acuicultura da zona.

-Dinamización turística da zona cunha actividade atractiva para o público profesional pero tamén para o gran públicos cun programa.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Captación de público profesional e de empresas potencialmente interesadas en asina r contratos, adquisición de servizo, produtos ou mercadorías con empresas e profesionais da zona.

-Dinamización turística cunha actividade atractiva para o público profesional pero tamén para o gran público cun programa de actividades equilibrado, coherente e responsable coa contorna.

-Consolidar o Concello de Outes como un referente na actividade náutica

-Consolidar o evento como cita imprescindíbel dentro dos eventos relacionados coa actividade náutica

-Promover a comercialización, transformación e diversificación nos sectores relacionadas co mar.

Principais actividades do proxecto: 

A Feira Náutica de Outes contará con tres contidos diferenciados que guiarán os obxectivos de cada unha das actividades programadas:

-Unha parte profesional destinada principalmente a conseguir autovaloración, visibilidade, promoción e volume de negocio para os profesionais e empresas relacionadas co sector. Esta parte do evento contará coa seguintes actividades específicas:

  • Feira profesional na que estarán presentes todos os profesionais e empresas do municipio de Outes ou de outros municipios  vencelladas ao sector náutico, da pesca, da acuicultura e do turismo marítimo.
  • Charlas profesionais vencelladas ao sector náutico, da pesca, da acuicultura e do turismo marítimo
  • Presentación e exposición de novidades en produtos e servizos de empresas e profesionais da zona vencellada ao sector náutico, da pesca, da acuicultura e do turismo marítimo.
  • Visitas a estaleiros, naves industriais, viveiros e cetarias da zona.
  • Intercambios profesionais con empresas visitantes para favorecer o intercambio comercial
  • -Unha parte divulgativa para coñecemento e a posta en valor da histórica tradición da actividade náutica, a acuicultura e a pesca na zona que se concretará en actividades como as que a continuación se describen:

 

  • Actividades  no mar: travesías marítimas, Ruta Marítima do Camiño de Santiago, actividades en kayak, etc.
  • Actividades de coñecemento da contorna ambiental, marítima e patrimonial: roteiros de descuberta.
  • Mostra de embarcacións tradicionais.
  • Actividades de concienciación a nivel ambiental e sobre sostibilidade
  • Visitas guiadas aso Espazo Museístico da carpintería de Ribeira Estaleiro Ciprián.

-Unha parte lúdico-cultural pensada para que o público visitante poda ter un punto de vista diferente da ría a través da navegación tanto en kayak como en embarcacións tradicionais.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Integración do sector da pesca con outros sectores económicos.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)