Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta provisional de Xunta Directiva

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada o día 22 de novembro de 2023, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023”

Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de 2023 para ser unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 14 de setembro de 2023, da Consellería do Mar.

Fe de erros:  No certificado xunto a proposta provisional de concesión e de destimización onde pon 22 novembro de 2022 debe por 22 de novembro de 2023.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS

AVALIACIÓN DE PROXECTOS