
Este proxecto busca o fomento do benestar na comunidade, as sinerxias entre sector diferentes pero sempre co sector pesqueiro como fío conductor e motor social; é unha iniciativa baseada nos seguintes eixos: coñecemento e conservación do patrimonio medio ambiental; fomento dos produtos pesqueiros como alimento saudable; conservación dos recursos pesqueiros e da biodiversidade e inclusión e cohesión social.
Levaránse a cabo diversas actividades coas que pretenden achegar o sector pesqueiro ao eido da saúde mental (coñecer o patrimonio natural do territorio, como adquirir hábitos sociais para coidar o medio e os seus recursos; alimentación saudable a través dos produtos pesqueiros, recuperación de receitas, coñecer novas receitas con produtos en desuso, con descartes ou con novos produtos como as algas...) , así como crearanse contidos de divulgación con información relativa a prácticas ilegais como o furtivismo, produtos pesqueiros e a importancia de conservar a biodiversidade, e como reducir a pegada ambiental cando se fai unha compra (envases, etiquetados...)
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Sensibilizar á cidadania de cara á preservación do patrimonio medioambientaL costeiro, do medio mariño e dos seus recursos e de cara ao benestar das comunidades pesqueiras
- Poñer en valor o consumo de produtos da pesca e de proximidade e outros recursos mariños como as algas, como alimentos saudables
- Colaborar co sector pesqueiro, comprando o seu produto, facéndoo partícipe de todas as actuacións propostas e contando coas súas mulleres traballadoras para que sexan que dirixa algunhas das sesións divulgativas
- Potenciar vínculos entre diferentes sectores sociais do mesmo territorio en prol da mellora ambiental
- Concienciar de cara á adquisición de hábitos sociais en prol do coidado do medio e dos recursos pesqueiros
- Dinamizar determinados espazos naturais do territorio e do litoral a través de visitas nas que amosar medidas coas que camiñar cara a un turismo sostible
- Facer fincapé no impacto de prácticas ilegais como o furtivismo
1. Maior número de persoas coñecedoras dos beneficios do consumo de produtos da pesca e de especies menos empregadas
2. Colaboración coas confrarías de pescadores para coñecer máis o sector de primeira man
3. Sinerxias entre entidades de diferentes sectores
4. Incremento da concienciación sobre a importancia da conservación dos recursos pesqueiros e a biodiversidade mariña
5. Maior concienciación sobre o patrimonio natural das zonas pesqueiras e acuícolas
6. Adquisición de hábitos de cara á práctica de turismo sostible nas visitas a espazos naturais e no uso dos recursos do medio
- Obradoiros de cociña
- Exposición fotográfica
- Xornadas divulgativas
- Visitas a espazos naturais
- Elaboración de material de promoción
3. Impulso e aproveitamento de patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático
3.1. Conservar e aumentar os recursos pesqueiros e a biodiversidade mariña da zona costeira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

