Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Melloras para a comercialización da zamburiña, ostra e peixe

A Confraría de Pescadores de Barallobre impulsa un proxecto integral para mellorar a comercialización da ostra e a zamburiña mediante a modernización da súa peixería e a mellora da loxística de transporte e venda.
O proxecto inclúe a instalación de novo equipamento (acuario, básculas, conxeladores, mobiliario, envasadora ao baleiro, forno multifunción e pantallas informativas), a adquisición dun furgón GLP con etiqueta ECO para a recollida e distribución do produto e estudos de validación sanitaria para introducir produto envasado e conxelado con total garantía.
Tamén contempla a fabricación de mesas metálicas para o posado dos pochóns e a mellora da trazabilidade e presentación do produto, reforzando a identidade visual da confraría.
O obxectivo é mellorar as condicións de traballo, optimizar a cadea de valor, aumentar a rendibilidade para os socios e avanzar na comercialización de produtos do mar con valor engadido. Un proxecto con beneficio colectivo, orientado á sostibilidade, ao mantemento do emprego e á promoción do consumo local e do marisqueo artesanal.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Barallobre
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
21/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
17
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
187.444,12€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
154.373,58€
Total axuda pública aprobada (€): 
154.373,58€
% Subvención: 
10
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
108.061,51€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
46.312,07€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
3
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Creación dun punto de venda accesible e modernizado.
  • Mellora nas condicións de traballo dos socios e socias.
  • Reforzo da trazabilidade, presentación e identidade da marca da confraría.
  • Beneficiario colectivo: os investimentos melloran directamente o rendemento e beneficios para todos os socios e socias.
  • Redución de custos e aumento da rendibilidade global do sector.
  • Mantemento de emprego e aposta pola profesionalización do marisqueo.
  • Sensibilización sobre o consumo local (km0) e posta en valor do produto artesanal e sustentable.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Modernización da peixería da confraría, creando un espazo máis funcional, atractivo e accesible para a venda directa de ostra e zamburiña, así como doutros produtos que oferta a confraría.
  • Mellora da trazabilidade, conservación e presentación dos produtos, garantindo maior calidade e seguridade alimentaria.
  • Validación da vida útil dos moluscos para poder comercializar produto conxelado ou envasado ao baleiro con todas as garantías.
  • Redución da pegada de carbono, mediante o uso dun furgón GLP con etiqueta ECO para recollida e distribución.
  • Optimización da cadea de valor: desde a produción ata a venda final, xerando maiores beneficios para os socios e socias.
  • Aumento da visibilidade da marca “Confraría de Barallobre” e posta en valor dos produtos locais e do traballo das persoas do mar.
  • Fortalecemento da comercialización directa a clientes finais e establecementos de hostalería, incluíndo novos formatos como pratos preparados.
  • Mellora das condicións laborais das persoas traballadoras da confraría e máis eficiencia nos procesos diarios.
  • Beneficio colectivo para todos os socios e socias, favorecendo a sustentabilidade económica da confraría.
  • Impulso ao marisqueo artesanal, á economía local e ao consumo responsable de produtos do mar de proximidade.
Principais actividades do proxecto: 
Modernización da peixería:
  • Instalación dun acuario, pantalla divisora, mesas de traballo, básculas de pesaxe, conxelador acristalado, mesa de xestión e outros elementos que permitirán crear un espazo máis atractivo e funcional para a venda ao público dos produtos da confraría.
Furgón GLP (etiqueta ECO):
  • Recollida do produto nas zonas de produción, evitando desprazamentos individuais dos socios e reducindo a pegada de carbono.
  • Mellora da trazabilidade e calidade do produto.
  • Distribución directa a hostalería e cliente final.
  • Transporte realizado mediante baúl isotermo homologado para garantir condicións hixiénico-sanitarias.
Validación sanitaria e comercial:
  • Estudos en laboratorios autorizados sobre a vida útil e o proceso de conxelación dos moluscos.
  • Garantía de seguridade alimentaria e cumprimento normativo.
  • Posibilidade de comercializar produto envasado e conxelado cun novo formato seguro e moderno.
Outros investimentos clave:
  • Fabricación de 30 mesas de ferro para o posado dos pochóns (sementes) de ostra e zamburiña.
  • Instalación dunha envasadora ao baleiro e forno multifunción para potenciar a liña de produtos preparados.
  • Incorporación dunha televisión informativa na peixería, para mostrar os procesos artesanais e poñer en valor o traballo do mar.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)