
A Confraría de Pescadores de Barallobre impulsa un proxecto integral para mellorar a comercialización da ostra e a zamburiña mediante a modernización da súa peixería e a mellora da loxística de transporte e venda.
O proxecto inclúe a instalación de novo equipamento (acuario, básculas, conxeladores, mobiliario, envasadora ao baleiro, forno multifunción e pantallas informativas), a adquisición dun furgón GLP con etiqueta ECO para a recollida e distribución do produto e estudos de validación sanitaria para introducir produto envasado e conxelado con total garantía.
Tamén contempla a fabricación de mesas metálicas para o posado dos pochóns e a mellora da trazabilidade e presentación do produto, reforzando a identidade visual da confraría.
O obxectivo é mellorar as condicións de traballo, optimizar a cadea de valor, aumentar a rendibilidade para os socios e avanzar na comercialización de produtos do mar con valor engadido. Un proxecto con beneficio colectivo, orientado á sostibilidade, ao mantemento do emprego e á promoción do consumo local e do marisqueo artesanal.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Creación dun punto de venda accesible e modernizado.
- Mellora nas condicións de traballo dos socios e socias.
- Reforzo da trazabilidade, presentación e identidade da marca da confraría.
- Beneficiario colectivo: os investimentos melloran directamente o rendemento e beneficios para todos os socios e socias.
- Redución de custos e aumento da rendibilidade global do sector.
- Mantemento de emprego e aposta pola profesionalización do marisqueo.
- Sensibilización sobre o consumo local (km0) e posta en valor do produto artesanal e sustentable.
- Modernización da peixería da confraría, creando un espazo máis funcional, atractivo e accesible para a venda directa de ostra e zamburiña, así como doutros produtos que oferta a confraría.
- Mellora da trazabilidade, conservación e presentación dos produtos, garantindo maior calidade e seguridade alimentaria.
- Validación da vida útil dos moluscos para poder comercializar produto conxelado ou envasado ao baleiro con todas as garantías.
- Redución da pegada de carbono, mediante o uso dun furgón GLP con etiqueta ECO para recollida e distribución.
- Optimización da cadea de valor: desde a produción ata a venda final, xerando maiores beneficios para os socios e socias.
- Aumento da visibilidade da marca “Confraría de Barallobre” e posta en valor dos produtos locais e do traballo das persoas do mar.
- Fortalecemento da comercialización directa a clientes finais e establecementos de hostalería, incluíndo novos formatos como pratos preparados.
- Mellora das condicións laborais das persoas traballadoras da confraría e máis eficiencia nos procesos diarios.
- Beneficio colectivo para todos os socios e socias, favorecendo a sustentabilidade económica da confraría.
- Impulso ao marisqueo artesanal, á economía local e ao consumo responsable de produtos do mar de proximidade.
- Instalación dun acuario, pantalla divisora, mesas de traballo, básculas de pesaxe, conxelador acristalado, mesa de xestión e outros elementos que permitirán crear un espazo máis atractivo e funcional para a venda ao público dos produtos da confraría.
- Recollida do produto nas zonas de produción, evitando desprazamentos individuais dos socios e reducindo a pegada de carbono.
- Mellora da trazabilidade e calidade do produto.
- Distribución directa a hostalería e cliente final.
- Transporte realizado mediante baúl isotermo homologado para garantir condicións hixiénico-sanitarias.
- Estudos en laboratorios autorizados sobre a vida útil e o proceso de conxelación dos moluscos.
- Garantía de seguridade alimentaria e cumprimento normativo.
- Posibilidade de comercializar produto envasado e conxelado cun novo formato seguro e moderno.
- Fabricación de 30 mesas de ferro para o posado dos pochóns (sementes) de ostra e zamburiña.
- Instalación dunha envasadora ao baleiro e forno multifunción para potenciar a liña de produtos preparados.
- Incorporación dunha televisión informativa na peixería, para mostrar os procesos artesanais e poñer en valor o traballo do mar.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

