
Realización de dúas rutas guiadas de kaiak de mar durante todo o ano por toda a Ría de Ferrol, incluíndo o tramo do Camiño Inglés:
- Ruta do marisqueo pola Ría de Ferrol: percorrido polas Confrarías da Ría de Ferrol, bancos marisqueiros e asteleiros da zona, coñecendo a súa historia e etado actual.
- Ruta do Camiño Inglés: percorrido do Camiño Inglés no seu tramo costeiro, paralelo ao Camiño por terra.
Nestas rutas foméntase o turismo sustentable nas zonas de costa, potenciando o patrimonio pesqueiro ligado á Ría de Ferrol, fomento dos deportes náuticos, respectuosos co medio ambiente, visitas a elementos relacionados co sector pesqueiro e mariñeiro así como xeración de información de todo o visitado.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mudar o xeito de ver a Ría (dende terra ao mar) a través da creación de 2 rutas de kaiak de mar que non existen na actualidade:
Ruta 1: Visita e información do entorno mariñeiro da Ría de Ferrol (Confrarías, asteleiros, zonas de marisqueo, patrimonio, etc.)
Ruta 2: Realizar parte do Camiño Inglés por mar (Tramo de Ferrol a Neda).
- Fomento do turismo mariñeiro e relacionado co mar para que sexa un novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
- A existencia destas rutas náuticos, pode abrir unha nova vía económica a explotar diferente ás existentes no litoral galego.
- Achegar toda a cultura mariñeira da zona ao maior número de personas, promocionando todos os puntos turísticos da Ría de Ferrol e as actividades levadas a cabo polas Confrarías do territorio.
- Dar a coñecer o único tramo costeiro do Camiño Inglés ao seu paso polo territorio.
- Dar a coñecer o enorme patrimonio natural e cultural do territorio GALP Golfo Ártabro Norte.
- Creación de dous novos servizos inexistentes na zona ligados ao mar, onde se combinan as actividades náuticas coas visitas culturais.
- Dar a coñecer o litoral do Golfo Ártabro, incrementando o número de visitantes que buscan este tipo de actividade, sen renunciar a outras actividades que se ofertan no territorio (sendeirismo, btt, gastronomía, turismo de praia....).
- Ampliar a oferta turística de actividades recreativas acúaticas como complemento ás actividades mariñeiras.
- Incremento da oferta de servizos dentro do sector do turismo mariñeiro e tamén ós vencellados ao mar e á terra, ofrecendo experiencias integrais.
- Favorecer a desestacionalización do turismo no territorio.
- Recuperación e tematización de roteiros do litoral e do patrimonio histórico, cultural, material e inmaterial relacionado co mar.
Compra de material para realizar as rutas: kaiaks tipo tradicional e tipo SS1 e palas de carbono.
Deseño de 2 Rutas guíadas de kaiak de mar durante todo o ano pola Ría de Ferrol, incluíndo o tramo costeiro do Camiño Inglés.
Promoción e difusión das Rutas
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Mantemento e mellora do medio natural.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)