
Rehabilitación dun edificio localizado no lugar de Caamouco no Concello de Ares co obxecto de ser destinado a centro de interpretación e exposición das tarefas relacionadas coas artes de pesca propias de Redes e o uso das cabrias, pouco coñecidas fóra deste territorio e que está en perigro de "caer" no olvido debido ao cambio de materiais e aos avances do mundo da pesca. Con esta iniciativa dende o Concello de Ares queren contribuír ao fomento do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo neste territorio.
Recuperación da cultura tradicional mariñeira: aparellos, talleres artesanais, festas, lendas e tradicións. Preténdese impulsar a toma de conciencia sobre a importancia do papel da vida mariñeira e do mar na historia e na cultura do territorio, especialmente no pobo que toma o seu nome das propias artes, REDES.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomento do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo ao destinarse a un centro de interpretación e exposición das tarefas relacionadas coas artes de pesca propias de Redes, as cabrias.
Fomentar o benestar social e o patrimonio cultural das zonas pesqueiras. Creación dunha aula de exposición de produtos e utensilios de pesca e actividades, así como, de formación para o desenvolvemento de cursos relacionados co mar.
Valorización do patrimonio marítimo coa recuperación de construcións vinculadas ao mar. Recuperación e posta en valor dos núcleos mariñeiros (actuacións nos pobos do litoral), actuacións en espazos públicos que permitan o embelecemento dos pobos e vilas mariñeiras.
Habilitación ou potenciación de espazos como centros de coñecemento pesqueiro: exposicións interactivas, centros de interpretación.
Recuperación da cultura tradicional mariñeira: aparellos, talleres artesanais, festas, lendas e tradicións.
Difusión da cultura mariñeira entre distintos colectivos, incidindo nas persoas máis novas.
Creación dun centro de interpretación e de estudo, contribuíndo á diversificación da oferta turística do Concello de Ares, fomentado a educación, a recuperación ambiental e o coñecemento desta contorna única no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.
Dar a coñecer unha tarefa, o das cabrias, pouco coñecida fóra deste territorio e que corre o perigo de caer no esquecemento debido ao cambio dos materiais e os avances no undo da pesca, por iso é tan importante recompilar o coñecemento relacionado co traballo do mariñeiro e facelo accesible á sociedade.
Facer partícipe á poboación dos problemas ambientais do mar e da súa futura recuperación a través dunha xestión máis sustentable e actividades de educación ambiental.
Impulsar a toma de conciencia sobre a importancia do papel da vida mariñeira e do mar na historia e na cultura do territorio, especialmente nun pobo que toma o seu nome das propias artes, Redes.
Obter un recurso turístico que tamén pode fomentarse xunto con outros produtos turísticos complementarios ao de "sol e praia".
Traballos de rehabilitación do edificio, para ser destinado a centro de interpretación de actividades do mar.
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Atracción do relevo xeracional para asegurar a continuidade da actividade pesqueira como base económica sostible no territorio e para o mantemento da cultura e as tradicións mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)