
O proxecto está baseado na realización do Festival Mar de Mares, no cal o océano encontra unha plataforma multidisciplinar dende a que celebrar a súa riqueza, pero tamén dende a que alertar os perigos que acechan ao maior ecosistema do planeta. Deste modo, arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendimento, donde todos os sectores e axentes unen as súas forzas para convertir Mar de Mares nun evento único por e para o océano.
As actividades e accións deste proxecto para os anos 2019, 2020 e 2021 son as seguintes:
Ano 2019:
-Exposición fotográfica Mandy Barker ao redor da problemática do lixo mariño (Lugar da exposición Sada ou Oleiros). Mandy é unha das fotógrafas mais laureadas e solicitadas do momento, mostra as imaxes do seu traballo "Sopa de plástico", unha serie sobre a presencia de plásticos nos océanos e que, gracias á forte compoñente estética que ofrece a basura, loga despertar as conciencias en todo o mundo. Ao estar situada en exteriores, nun espazo público, o alcance da mensaxe chegará a un público moi amplio.
- Talleres Mandy Barker dirixidos a escolares de Educación Primaria. Centros escolares de educación primaria de todo o Golfo Ártabro sur, son o punto de mira para a realización, unha mañá enteira, de varios talleres en espazos públicos próximos a exposición inspirados nas imaxes de Mandy Barker, unha simbólica "astivista" na que os participantes, empregando residuos prásticos atopados nas praias do redor, compñen unha impactante mensaxe amosando xa dende nenos, a importancia do compromiso co coidado e a saúde dos mares.
- Talleres de Mandy Barker dirixido aos colectivos mais desfavorecidos. Esta actividade ponse á disposición dos colectivos desfavorecidos do Golfo Ártabro Sur. Trátase da realización, unha mañá enteira, de varios talleres en espazo público da mesma tipoloxía que a actividade anterior. Sen embargo, estos talleres adaptaranse ao perfil das persoas participantes.
Ano 2020:
- Encontros inspiradores aredor do mar. Trátase de 10 sesións dirixidas e postas a disposición do alumnado de institutos e centros de formación profesional do Golfo Ártabro Sur, nas que profesionais especialistas de diversos ámbitos relacionados co mundo do mar acuden aos centros educativos a interacturar co alumnado, explicándolles as características dos seus oficios, e a súa visión persoal do mundo do mar, aspectos sociolaborais específicos, recomendacións, etc. Os encontros comprenderán as seguintes sesións:
- Ciencia e mar: 3 sesións con un profesional do IEO (con dispoñibilidade para acordar co centro algunha salida para facer visitas á fauna marítima da zona intermareal)
- Mulleres e mar: 3 sesións con unha profesional, preferentemente da zona do Golfo Ártabro Sur.
- Emprendemento e mas: 4 sesións co mar como espazo de emprendimento no que un profesional mostre os exemplos xeradores de emprego o autoemprego, para informara los alumnos de otras opciones profesionales.
Ano 2021:
- Exposición Somos Mar II. Somo Mar fai fincapé na relación do ser humano co medio mariño e a necesidade de coidalo transladando unha clara compoñente medioambiental. Terá caboda nelas as artes prásticas, o vídeo, a instalación, a fotografía ou a escultura e contará con pezas orixinais creadas ad hoc para a mostra. Como aspecto innovador, vaise facilitar a interacción cos artistas, artesanos, colectivos ambientais e persoas do mundo do mar, sempre co mar como leit motiv.
- Obradoiros creativos e presentacións por parte dos artistas, artesans e colectivos do Golfo Ártabro Sur. Durante o proceso de creación das obras para a exposición Somos Mar II, os artistas, artesáns,,, ofrecerán 4 obratoiros gratuitos dispoñibles para o público en xeral, que permitirá acerca dos procesos creativos ás persoas interesadas. Ademais, haberá un mínimo de unha sesión destinada a colectivos desfavorecidos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
A maior conservación e posta en valor dos recursos naturais da zona costeira. Realización de accións de sensibilización e información sobre a importancia de coidar o medio mariño.
Os resultados esperados son os seguintes:
- Concienciación da cidadanía da importante de salvagardar os productos do mar, o medioambiente e en especial o medio mariño.
- Levar a cabo accións formativas e divulgativas cos nenos.
- Dar a coñecer e poñer en valor dos oficios ligados ao mundo do mar, da man dos seus protagonistas.
- Alto grao de accesibilidade e un elevado número potencial de beneficiarios.
- Consideración cara os traballadores do mar
- Visibilización das mulleres do mar.
As principais actividades do proxecto son as seguintes:
- Actividades de programación:
- Exposición fotográfica aredor da problemática do lixo mariño
- Obradoiros de concienciación baseados nas basuras mariñas
- Encontros inspiradores ciencia e mar
- Encontros inspiradores mulleres e mar
- Exposición Somos Mar
- Obradoiros creativos
- Actividades de promoción e difusión:
- Desenrolo de web e redes sociais
- Material promocional (carteis, flyers e programas)
- Roldas de prensa
- Notas de prensa
Obxectivo estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operaións de mitigación do cambio climático e de transformación a unha economía de baixas emisión de carbono.
Obxectivo específico 3.1: Adoptar medidas que incidan no coidado e preservación do medio natural e os seus recursos, favorecendo a mellora da biodiversidade.
Liña de actuación 3.1.2: Maior conservación e posta en valor dos recursos naturais das zonas pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)