Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

REDUCCION DE RESIDUOS NO SECTOR PESQUEIRO (MARZERO)

O proxecto MARZERO ten como finalidade a protección do medio ambiente acuático mediante a promoción de prácticas sostibles no sector pesqueiro e a redución dos residuos de plástico e cartón que chegan ao mar no ámbito do GALP Golfo Ártabro Sur. Para a súa execución, establécense colaboracións coas Confrarías do territorio, especialmente as da Coruña e Sada, así como con empresas do sector, outras entidades interesadas e administracións locais, co obxectivo de impulsar unha xestión máis responsable dos residuos xerados.
O proxecto céntrase na recollida, clasificación, selección, compactación e posterior envío a empresas reutilizadoras dos residuos plásticos e de cartón procedentes das actividades pesqueiras e doutras actividades económicas, fomentando a súa redución en orixe e evitando que estes acaben no medio mariño por unha xestión inadecuada. Para iso, prevese a ampliación das instalacións da empresa promotora dedicadas á xestión e tratamento destes residuos, co fin de dar servizo ás entidades do territorio e mellorar a capacidade operativa.
A ampliación das instalacións incorporarase criterios de eficiencia enerxética, como o uso de iluminación LED e unha mellor organización dos espazos, permitindo optimizar os procesos de clasificación e aumentar a capacidade de tratamento, ao tempo que se reducen os  rexeitamentos e se amplía a tipoloxía de plásticos recuperados. A proximidade aos portos e polígonos industriais do ámbito de actuación contribuirá tamén á redución da pegada de carbono asociada ao transporte.
Esta actuación favorecerá unha maior dispoñibilidade de materiais reciclados para as empresas reutilizadoras, impulsando a economía circular no territorio e facilitando a creación de novos produtos vinculados ao sector pesqueiro. Ao mesmo tempo, permitirá incrementar a produción da empresa, mellorar a súa eficiencia, xerar novas oportunidades laborais, consolidar o emprego existente, especialmente o feminino, e reforzar a sustentabilidade global da actividade.
En conxunto, o proxecto contribúe á conservación do medio natural costeiro, ao fortalecemento dun sector pesqueiro máis resiliente e sostible e á redución efectiva do impacto ambiental dos residuos nas zonas portuarias e litorais do GALP Golfo Ártabro Sur.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
RECUPERAMOS S.L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
16/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
32
Anualidades: 
2026-2027-2028
Data fin de execución: 
31/10/2028
Ámbito de aplicación: 

Territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, e portos pesqueiro do GALP.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
405547,36 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
405547,36 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200000,00€
% Subvención: 
49,3
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
140000,00
FEMP (%): 
70
CA (€): 
60000
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
0,85
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto MARZERO ten como obxectivo principal a protección e conservación do medio natural acuático mediante a redución dos residuos de plástico e cartón que poden chegar ao medio ambiente acuático desde as zonas portuarias, empresas pesqueiras e outras entidades do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur. Para iso, preténdese ampliar e mellorar os procesos produtivos destinados á clasificación destes residuos mediante melloras tecnolóxicas.

O proxecto busca tamén ampliar a gama de plásticos reciclados para reducir os rexeitamentos, incrementar a produción da empresa, xerar emprego e consolidar o emprego feminino existente, así como xerar novas oportunidades laborais no territorio. Así mesmo, preténdese diminuír a pegada de carbono e mellorar a eficiencia enerxética das instalacións.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O proxecto permitirá aumentar a capacidade de clasificación e tratamento de plásticos e cartóns, mellorando a eficiencia dos procesos e reducindo o número de rexeitamentos. Isto permitirá ofrecer unha maior variedade de plásticos ás empresas recicladoras, favorecendo a xeración de novos produtos destinados ao sector pesqueiro e ás empresas do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur e promovendo unha economía circular no territorio.

Así mesmo, espérase reducir a cantidade de residuos de plástico e cartón que chegan ao medio natural acuático, diminuír a pegada de carbono e mellorar a eficiencia enerxética das instalacións. O proxecto tamén contribuirá ao incremento da produción da empresa, ao mantemento do emprego feminino existente e á xeración de novas oportunidades laborais no territorio.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto contempla a ampliación, modernización e mellora operativa do centro de xestión de residuos situado en Morás (Arteixo). En primeiro lugar, ampliarase a nave industrial existente mediante a construción de nova superficie destinada ao almacenamento, clasificación e preparación de residuos para a súa reciclaxe. Esta actuación permitirá reorganizar os fluxos internos e aumentar a capacidade de tratamento.

Así mesmo, habilitaranse novos espazos para oficinas, control de accesos e servizos auxiliares do persoal, mellorando as condicións laborais, a trazabilidade das entradas e saídas de material e a eficiencia administrativa.

As instalacións ampliadas estarán deseñadas para realizar unha clasificación máis eficiente dos plásticos e cartóns e contarán con iluminación LED para mellorar a súa eficiencia enerxética. A proximidade do centro aos portos e polígonos do territorio do GALP permitirá reducir a pegada de carbono asociada ao transporte.

O proxecto contempla ademais a realización de acordos coas confrarías do territorio do GALP, especialmente as da Coruña e Sada, así como con empresas do sector e outras empresas interesadas e entidades locais, para favorecer a recollida, clasificación, selección e compactación dos plásticos e cartóns procedentes das actividades pesqueiras e doutras actividades do territorio e o seu posterior envío a empresas recicladoras.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3. Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático            

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 3.1. Conseguir un sector pesqueiro máis resiliente, a través de prácticas profesionais sostibles. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)