Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ecomuseo a flote

Este proxecto trata de poñer as bases para a creación dun ecomuseo adicado ás embarcacións tradicionais en Sada, mediante dúas accións principais: 
1.-A reconstrucción dunha embarcación moi usada hai anos e hoxe extinta nesta ría: o Bote de Media Construción (Catalogado por Staffan Mörling no seu estudo de campo de 1964). Esta embarcación levaría triple arboladura, para poder expoñer a evolución da vela tradicional no Golfo Ártabro: vela de relinga, vela latina e vela cangrexa e foque. Deste xeito non só se conseguirá recuperar unha tipoloxía extinta nesta ría, senón que servirá como museo vivo, para facer recreacións de navegación cos tres tipos de aparellos de vela que houbo. 
2.- A elaboración dun informe sobre a creación dun museo a flote en Sada. A creación dun ecomuseo sobre as nosas embarcacións tradicionais como museo vivo, onde se podan visitar as embarcacións a flote e non dentro dun local, que se podan ver navegar, laborear, regatear é unha necesisidade segundo manifesta a sociedade sadense. Pero para iso cómpre facer antes de nada un informe completo, apoiado en 6 aspectos básicos: 
 2.1.- Análise patrimonial. Un inventario oficial de cantas e cales embarcacións tradicionais quedan en Sada. Moitas veces non poden ser mostradas por non ter un espazo a flote onde toda a cidadanía poida disfrutar delas, tanto xente de Sada como visitantes. 
2.2.- Estudo Financieiro. Facer un plan financieiro sobre como se podería levara a cabo este ecomuseo, tendo en conta os custes calculados pola enxeñería, que actores deberían intervir, como se financiaría, etc. 
2.3.- Informe técnico. Unha consultora especialista fará un estudo da viabilidade técnica do proxecto, tendo en conta todos os condicionantes. 
2.4.- Estudo sociolóxico. Poñer de manifesto dun xeito oficial a demanda social dun ecomuseo en Sada. A autoestima de vila mariñeira debe ser potenciada. Ademais, o sector turístico tamén que se poña en valor o autóctono de Sada. Este estudo debe facer un traballo científico que reflicta nun informe esta demanda. 
2.5.- Estudo de impacto ambiental. A creación dun Ecomuseo non pode influir negativamente no medio ambente, polo que é necesario plasmalo nun ditame técnico - científico. Tamén cómpre resaltar que lonxe de ter un impacto negativo debe ter unha influencia positiva no medio, xa que se nesta actividade nautica e a única onde se empregan 100 % materiais renovables, de quilómetro 0, coma e a madeira de piñeiro.
2.6.- Análise de impacto do cambio climático. É necesario na emerxencia climática na que estamos ver se este Ecomuseo estaría afectado, e en que medida. 
   

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2023-00034
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ACM Os Patexeiros
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a proxectos ao amparo da EDLP do GALP na convocatoria 2023.
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
15/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
11
Anualidades: 
2023-2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Toda Galicia

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
45.717,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
45.717,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
45.717,00 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
32.001,90 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
13.715,10 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os principais obxectivos son: 

- Reconstrución dunha embarcación tradicional extinta na ría: O Bote de Media Construción.
- Exhibicións diante do paseo marítimo dos tres tipos de aparellos que históricamente tivemos, mostrando ao público como se laboraba a vela de relinga, a latina e a cangrexa con foque.
- Obter un informe sobre a viabilidade da instalación dun pantalán fronte ao paseo marítimo que constitúa o Ecomuseo a flote, para poder facer visitas guiadas e mostrar as nosas embarcacións no paseo.
- Elaborar materiais audiovisuais para realidade virtual sobre navegación en embarcacións tradicionais, para expoñelos de xeito gratuito.
- Actividades divulgativas sobre o noso patrimonio marítimo feitas por e para mulleres.
- Creación dunha rede de datos con infraestrutura LoRaWAN, na que se podan enviar os datos do estado e posicionamento das nosas embarcacións dadas de alta no rexistro oficial en tempo real.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados previstos son os seguintes: 

- Informe completo sobre a idoniedade da instalación dun ecomuseo a flote en Sada.
- Embarcación de tipoloxía perdida na nosa ría cos 3 tipos de arboladura.
- Materiais audiovisuais inclusivos, onde xente con capacidade de mobilidade reducida ou con características especiais que lle impidan navegar poida facelo a través da realidade virtual.
- Materiais divulgativos en vídeo 360 para realidade virtual de navegación en embarcacións tradicionáis do Golfo Artabro.
- Sentar as bases para o ecomuseo adicado a tradición mariñeira en Sada.
- Traballar o empoderamento feminino a través das actividades culturais divulgativas feitas por e para mulleres.

 

Principais actividades do proxecto: 

As actividades a desenvolver son as seguintes: 

1.- Construción dunha embarcación da tipoloxía "media construción".  Esta obra, encargarase a unha carpintería de ribeira membro de AGALCARI (Asociación galega de carpinterías de ribeira). Fálase neste sentido de economía circular, xa que a carpintaría de ribeira é desde hai uns anos un Ben de Interese Cultural, declarado oficialmente polo Estado. Polo tanto, o beneficio é dobre: dunha banda obtemos a embarcación, por outra, axudamos a manter un Ben de Interese Cultural e ademais a artesanía de proximidade con materia prima 100% renovable. 
2.- Realización dun Informe, segundo se detalla no apartado anterior. Este Informe completo, a nivel técnico, científico e social, servirá para saber se é viable e convinte a creación dun ecomuseo a flote en Sada. Este ecomuseo suporía a instalación dun pantalán fronte ao paseo marítimo de Sada onde se puideran expoñer as nosas embarcacións tradicionais, aportando ademais un importante valor turístico engadido, coma xa se puso de manifesto nas Xornadas de posta en valor do patrimonio marítimo do ano 2011, organizadas polo GALP. 
3.- Actividades divulgativas sobre a necesidade de conservar o noso patrimonio marítimo. Neste sentido xa se está a traballar para levar a toda a sociedade, e en especial ao sistema educativo, as nosas embarcacións tradicionais, xa que a Asociación Os Patexeiros foi pioneira co proxecto Fasquía 3d, onde se recrean embarcacións tradicionais cunha impresora 3D. Tamén faranse carteis promocionais do proxecto.
4.- Elaboración de materiais divulgativos en vídeo 360 para realidade virtual. Elaboración propia de materiais para gafas de realidade virtual onde se poda simular unha saída nunha embarcación tradicional para as persoas que por distintas razóns non podan embarcar. 
5.- Actividades culturais divulgativas do patrimonio marítimo feitas por e para mulleres, con charlas, conferencias, exposicións onde se poña de manifesto o protagonismo feminino a través da discriminación positiva.
6.- Elaboración de guías divulgativas sobre as nosas embarcacións tradicionais para o colectivo de diversidade funcional (Guías visuais para persoas xordas e guias en braille para persoas invidentes)
7.- Deseño e desenvolvemento dun sistema innovador de última tecnoloxía para monitorizar mediante redes LoRaWAn o estado e posicionamento das embarcacións tradicionais.

A Asociación Cultural Mariñeria Os Patexeiros leva 15 anos de historia e xa traballando dalgún xeito neste proxecto. Ademais do solicitado aquí con medios profesionais, aportará como complemento deste ecomuseo os froitos do traballo feito xa nestes anos, como son:

- Documental "Sada, unha Historia Abraiante," sobre a velería de Sada, dirixido e producido por nós e estreado no XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
- Navegación inclusiva mediante Realidade Virtual. Un percorrido con gafas de realidade virtual producido por nós e como peza do museo para aquelas persoas que non poidan embarcar fisicamente poderán así facelo dun xeito virtual.
- Cursos de maquetas e exposición Fasquía 3D, onde reproducimos as embarcacións tradicionais mediante unha impresora 3D.
- Cartelería en braille para o ecomuseo. Farase coa impresora 3D os carteis divulgativos en braille para persoas que non podan ler, así coma audioguías sobre as nosas embarcacións.
- Charlas por e para mulleres do mar. Unha experiencia onde as mulleres conservadoras do patrimonio farán actos divulgativos e visitas guiadas para as mulleres.

Todas estas actividades faranse a marxe do orzamento deste proxecto con recursos propios da asociación polo que non figuran no plan económico. Non tería sentido sentar as bases dun ecomuseo ou reconstruir unha embarcación se non se fai un traballo de divulgación anterior e posterior. 
Por iso todas as actividades englobadas dentro deste proxecto están orientadas a un aproveitamento público do traballado ata agora na conservación do noso patrimonio marítimo. Polo tanto, será o pobo de Sada o primeiro beneficiario de todas as actividades que se fagan a través deste proxecto, incluindo a exposición da embarcación contruída e exposta de xeito permanente diante do paseo marítimo. 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo 4.1: Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)