O proxecto consiste na ampliación da instalación fotovoltaica da Lonxa de Sada. Isto é, instalaranse paneis fotovoltaicos desmontables co fin de dotar de maior capacidade dita instalación.
A finalidade será o aforro enerxético e a mitigación do cambio climático, xa que o proxecto consiste no favorecemento da diminución da pegada de carbono e a redución da emisión de gases.
Este aforro enerxético aumentará a capacidade financeira da confraría, permitindo que esta poida ofrecer maior número de servizos á colectividade, polo tanto o proxecto é de interese colectivo e beneficiario colectivo.
Tamén se realizarán xornadas de posta en valor do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro para dar a coñecer a rula, o reloxo de poxa analóxico en funcionamento máis antigo de Galicia.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os obxectivos do proxecto son os seguintes:
- Mellora da eficiencia enerxético
- Redución da pegada de carbono
- Redución de custos tanto enerxéticos como de mantemento
- Protección do medio ambiente
- Posta en valor e preservación das infraestructuras e equipamentos marítimo-pesqueiro existentes
Os resultados esperados do proxecto son os seguintes:
- Acadar unha mellora da competitividade do porto, garantizando a utilización de enerxías renovables.
- Mellorar a porcentaxe de redución de custos enerxéticos da instalación, é dicir, maior aforro enerxético.
- Concienciación social a cerca do sector pesqueiro e do uso dos recursos dispoñibles de maneira sostible
- Mellora da calidade da instalación e dos produtos que nela se almacenan e saian destinados ao consumo.
- Mellora a capacidade enerxética da lonxa que permitirá á confraría ofrecer unha maior variedade de servizos á colectividade.
- Preservación do patrimonio marítimo-pesqueiro da lonxa de Sada.
As actividades a desenvolver neste proxecto son a instalación de paneis fotovoltaicos desmontables, que alimentarán á totalidade da estructura da lonxa, dotándoa de máis capacidade enerxética, xa que como se especificou anteriormente, é unha ampliación enerxética.
Compre destacar os efectos medioambientais que isto terá, xa que pode chegar a incidir ata certo punto de maneira favorable na saúde dos traballadores.
Tamén está previsto facer unhas xornadas para a posta en valor do patrimonio marítimo-pesqueiro que posúe a lonxa de Sada nas súas instalacións, coa conservación e a mostra ó público do funcionamento da "rula", que conta con máis de medio século de antigüedade e ademáis de ser única en funcionamento deste tipo en Galicia.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en tódalas fases de cadea de proción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)