
O proxecto baséase na instalación de paneis solares desmontables para a axuda á xeración de enerxía eléctrica fotovoltaica, que coa instalación xa feita dun fabriquín de xeo máis eficiente e unha iluminación LED de última xeración, permite unha importante mellora na eficiencia enerxética, a reducción da pegada de carbono, ademais de adecuar as instalacións existentes para ser un pouco máis independientes das grandes fluctuacións do coste da electricicdade e non repercutir estas fortes subidas nos socios dos servizos de xeo e na comisión da lonxa que xeran as subidas de luz dun 200% nas últimas datas elevando o prezo do kWh a prezos nunca antes rexistrados.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo e a mellora da eficiencia enerxética da Lonxa de Sada, a través da colocación de tecnoloxía de xeración fotovoltaica desmontable de última xeración e traballando de contribuir á reducción da pegada de carbono, a mellora da conciencia do sector e a reducción dos costes da confraría, mellorando así a competitividade, o aumento da cadea de valor xunto coa modernización das luminarias e a instalación dun fabriquín de xeo máis eficiente poderase pechar o ciclo coa disminución da pegada de carbono.
Os resultados previstos son os seguintes:
- Mellora da eficienciencia enerxética
- Reducir a pegada de carbono
- Diminuir a emisión de gases de efecto invernadero
- Modernizar as instalacións
- Reducir os costes, tanto en consumo como en mantemento
- Mellorar os resultados
- Incrementar a competitividade
- Mellorar a saúde laboral
- Protección de medioambiente
- Diminución da pegada de carbono
O proxecto consiste na mellora enerxética mediante a instalación dos paneis fotovoltaicos desmontables na Lonxa de Sada que permita unha mellora significativa da eficiencia enerxética e da diminución da pegada de carbono.
A continua escalada de precios dos kWh, fai que os servizos que esta confraría presta aos socios da mesma e ao resto do Golfo Ártabro se vexan afectados por esta subida de prezos. Coa instalación dos paneis fotovoltaicos desmontables, preténdese conter esta subida de prezos que afecta directamente á producción de xea da que se nutran tanto socios desta confraría como barcos de Ares, Pontedeume, Lorbé e Mera, así como empresas dos redores que requiren este servizo para a súa producción como son o Grupo Profand entre outros.
Obxectivo estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo específico 3.2.: Contribuir á reducción da pegada de carbono.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)