
Desenvolvemento dunha actividade de xeración de xeo que consistirá na posta en funcionamento da instalación industrial, medioambientalmente responsable, enerxéticamente eficiente, moderna e innovadora.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellora da competitividade do sector pesqueiro. Trátase de dota á zona do GALP Golfo Ártabro Sur dunha infraestructura empresarial pioneira que permita á vez que incremente o valor engadido dos peixes da zona e das persoas que os capturan, posicionándoos no mercado, garantindo ao mesmo tempo a frescura e as máximas condicións hixiénicas e sanitarias ao mesmo tempo que mellora as condicións de traballo e a imaxe do sector, dando visibilidade aos diferentes asociados ao mundo do mar.
Mellorar a competitividade do sector pesqueiro, a calidade do emprego e as oportunidades económicas a través da diversificación da economía local.
Conseguir un sector profesional innovador e igualitario no conxunto do terriorio.
Fomentar o aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras mediante operacións de mitigación do cambio climático e da transición cara unha economía de baixas emisións de carbono. Trátase de mellorar a eficiencia enerxética da empresa a través da modernización das instalacións tratando de contribuir á reducción da pegada de carbono, a mellora da concienciación do sector e a reducción dos costes da empresa, mellorando así a competitividade e a posibilidade de manter o emprego ao mesmo tempo que se garantiza a máxima frescura e calidade dos productos ofertados.
Con este equipo de refrigeración novo, conseguiranse xerar arredor de 6.5 T/día (cifra moi superior á da producción actual) conseguindo con isto unha diversificación da actividade principal da empresa que está baseada no empacado da merluza e consume practicamente a totalidade do xeo producido actualmnte (non sendo suficiente nalgunhas ocasións). Co novo volume de xeo, poderanse xerar novas liñas de empacado doutras especies, así como o fileteado (liña incipiente con moi boa acollida entre os clientes, que da traballo a 4 persoas, 3 delas mulleres e que se pretende expandir gracias á cantidade e calidade do "novo xeo" que produce o equipo de refrixeración.
Esta diversificación traerá consigo a consolidación e o posicionamento dos produtos pesqueiros da zona do GALP Golfo Ártabro Sur, pois os filetes trátanse como produtos "delicatessen" ao empregar como materia prima fundamentalmente merluza capturada de maneira artesanal por embarcacións do propio territorio do GALP Golfo Ártabro Sur e doutros GALP, que realizan as súas ventas en A Coruña, chegando a un número maior de potenciais compradores con una calidade e unha frescura óptimas.
O proxecto fundaméntase no desenvolvemento dunha única actividade que consiste na posta en funcionamento dunha instalación industrial medioambientalmente responsable, eficiente enerxéticamente, moderna e innovadora.
Trátase da instalación e posta en marcha dun moderno xerador de xeo F200 ABF Genglace, con cuxas especificaicóns técnicas supon o aforro enerxético anual de 105.662,00 Kw e un incremento anual de casi 900T de produción de xeo (con moita menos enerxía prodúcese moita máis cantidade de xeo).
Obxetivo estratéxico 1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da xuventude, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación e todas as fases da cadea de suministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxetivo específico 1.1: Consolidar o fin do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)