
Fátima Ameneiro unha muller menor de 40 anos, descendente de familia vinculada á Ría de Ferrol, xa que o seu bisavó era o patrón das dúas lanchas de pasaxe que existian na ría para trasladar aos veciños dendes as dúas marxes, pon en marcha na parroquia de Barallobre, Concello de Fene tres apartamentos turísticos, vinculados coa tradición e o patrimonio mariñeiro da costa de Fene, interactuando cos distintos axentes do sector (Confraría de Pescadores de Barallobre, entre outros) e con entidades involucradas no fomento do turismo mariñeiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en marcha dun establecemento hostaleiro vinculado coa tradición e patrimonio mariñeiro da costa de Fene, interactuando cos distintos axentes do sector (Confraría de Pescadores de Barallobre, entre outros) e con entidades involuradas no fomento do turismo mariñeiro.
Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura.
Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
O concepto que se pretende ofrecer neste establecemento non só é un servizo de aluguer vacacional, senón que estaría intimamente relacionado coa promoción turística mariñeira e a realización de actividades de entretemento de turismo activo ao longo da costa.
Autoemprego dunha muller menor de 40 anos, a través da posta en marcha deste establecemento hostaleiro en Fene.
Creación dun espazo hostaleiro moi próximo á actividade marisqueiro e a costa do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.
Potenciar sinerxias coa Confraría de Pescadores de Barallobre para dar a coñecer o valor da nosa costa e da actividade marisqueira entre a poboación visitante.
Diversificación da economía do territorio, mirando cara o mar e a costa e as posibilidades que achega, potenciando unha actividade hostaleira con actividades de lecer complementarias.
1. Adaptación dun edificio propiedade da promotora, para tres apartamentos turísticos, un deles adaptado para persoas con discapacidade ("Auga premium", "Auga de mar" e "Auga Mineral").
2. No baixo cuberta instalarase unha cociña e un pequeno almacén ("Auga Pura") para atender as demandas específicas das persoas aloxadas para almorzos e merendas, onde se poidan degustar tamén produtos da zona, tanto salgados como doces, para darlles a coñecer a gastronomía máis próxima.
3. Equipamento e mobilidario para os tres apartamentos.
4. Equipos de entretemento marítimo e terrestre para distrute da zona marítima (táboas de bodyboard, padelsurf, kaiaks....) bicicletas (roteiros pola costa).
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego.
3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transisición a unha economía de baixas emisións de carbono.
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar, para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
2.2. Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración da oferta a súa competitividade.
3.2. Mantemento e mellora do medio natural
4.2. Recompilación da memoria mariñeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)