Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución DEFINITIVA Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte Convocatoria 2024 (Orde do 28 de decembro de 2023)

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024. 

Outorgouse un prazo de alegacións de 5 días hábiles dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que foi o día 10 de abril de 2024. Rematando o prazo de alegacións o día 17 de abril de 2024.

Rematado o período de alegacións o mércores 17 de abril, recibíronse dúas alegacións ao respecto dos seguintes proxectos, que foron debatidas nunha reunión de Xunta Directiva vía mail celebrada o día 18 de abril de 2024 (Estatutos do GALP Golfo Ártabro Norte -Artigo 19.4), previa proposta do equipo técnico : PE155A-2024-00105 e PE155A-2024-00124

As alegacións formuladas, fronte a proposta de resolución provisional no trámite de exposición pública previsto no artigo 20 da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas foron analizadas e contestadas ás entidades (Concello de Narón e Bestarruza Proxectos, S.L.) con data 18 de abril de 2024.

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Certificado Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2024

Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2024

Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2024

Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2024

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos das partidas 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade de crédito orzamentario de crédito para as partidas orzamentarias 770 e 780 para esta convocatoria 2024.