
A Confraría de Pescadores de Barallobre con este proxecto quere poñer en valor os 100 anos de actividade e historia da Confraría, así como dar un maior recoñecemento do seu papel como entidade dinamizadora da zona costeira no ámbito social, económico, medio ambiental e cultural, e impulsora de medidas desde o sector pesqueiro cara a veciñanza e poñendo en valor os recursos do mar.
Os días 17 e 18 de agosto, no Porto de Barallobre (Concello de Fene), celebraran un evento gastronómico para conmemorar o centenario dirixido ao público en xeral, no que darán a coñecer o seu produto e a confraría. Tamén se levarán a cabo durante os dous dias showcookings impartidos por cociñeir@s locais e degustacións de produto.
Organizárase un dos días unha charla sobre a historia da Confraría, na que participarán antigos membros do pósito que contaran aos asistentes os cambios producidos dende os inicios da confraria, e como non, a súa propia experiencia como membros da entidade.
Con esta actividade queren dar unha imaxe de calidade, de valor do produto, dar a coñecer a forma de extracción e o modo artesanal da mesma, e tamén dar maior valor engadido a todos os socios e socias da Confraría, facendo especial fincapé nos 100 de anos de traballo na extracción de moluscos, un dos motores económicos desta contorna e fonte de emprego na economía social.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Recoñecer o traballo realizado pola Confraría de Pescadores de Barallobre e converter a entidade nun axente activo de apoio ao sector do colectivo marítimo-pesqueiro.
- Potenciar o consumo local de km0 e saudable dos produtos pesqueiros
- Mellorar a imaxe e divulgar a Confraría, a súa historia e funcionamento
- Dar a coñecer a marca "centenario" da confraría
- Poñer en valor o oficio do mariscador
- Achegar o mar e os seus produtos a todas as persoas, dando a coñecer o traballo que desenvolve a confraría, na extracción do produto e o modo artesanal de facelo.
- Poñer en valor os produtos da Confraría de Barallobre
- Melloras na comercialización e na promoción dos produtos pesqueiros da Confraría.
- Recuperar a cultura mariñeira, dando a coñecer o patrimonio local e mariñeiro desta Confraría.
- Aumento da conexión da poboación local co mundo do mar
- Incremento do valor do papel sociocultural das Confrarías de pescadores, neste caso, da Confraría de Pescadores de Barallobre
- Potenciar o consumo local de proximidade (km0) deste territorio, con produtos pesqueiros da ría de Ferrol
Deseño e impresión logotipo "Centenario" da Confraría para uso en material de difusión.
Encontro festivo gastronómico Zona Ártabra. Porto Barallobre 17 e 18 de agosto de 2024
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

