Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Exaltación do patrimonio inmaterial vinculado á actividade marisqueira do Concello de Paderne

Este proxecto ten como finalidade preservar, divulgar e poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial asociado á actividade marisqueira do concello de Paderne. A iniciativa busca recoñecer a relevancia histórica, social e ambiental desta actividade, favorecendo a transmisión dos coñecementos tradicionais ligados ao medio mariño e fluvial ás futuras xeracións. Para iso, contempla a elaboración de materiais divulgativos e a celebración dunha xornada de homenaxe ás mariscadoras e mariscadores do concello, reforzando a identidade mariñeira de Paderne e a súa proxección cultural e turística.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Paderne
Datos de interese: 
http://concellodepaderne.com/pages/index-concello
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Paderne

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
6.050,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
6.050,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
4.840,00€
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
3.388,00€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
1.452,00€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Poñer en valor, difundir e preservar o patrimonio cultural inmaterial vinculado á actividade marisqueira do concello de Paderne.
  • Sensibilizar á poboación local e ás persoas visitantes sobre a importancia da actividade marisqueira e a súa relación coa conservación do medio mariño e fluvial.
  • Potenciar o turismo cultural e educativo, diversificando a oferta do concello mediante a valorización do seu patrimonio mariñeiro.
  • Recoñecer socialmente o labor das mariscadoras e mariscadores e contribuír á transmisión deste patrimonio ás futuras xeracións, reforzando a identidade colectiva de Paderne.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Posta en valor do patrimonio cultural inmaterial vinculado á actividade marisqueira do concello de Paderne.
  • Maior conexión entre o patrimonio marisqueiro e outros recursos turísticos do municipio, como o Camiño Inglés e a Reserva da Biosfera.
  • Incremento da valorización e diversificación dos recursos turísticos locais a través da difusión do patrimonio mariñeiro.
  • Reforzo do coñecemento da actividade marisqueira e das prácticas tradicionais entre a poboación e as persoas visitantes.
  • Maior recoñecemento do papel sociocultural da Confraría de Pescadores de Miño e das persoas mariscadoras do concello.
Principais actividades do proxecto: 
  • Elaboración e presentación dun folleto divulgativo do Concello de Paderne para a posta en valor do patrimonio inmaterial vinculado á actividade marisqueira.
  • Organización dun acto de recoñecemento ás mariscadoras e mariscadores do concello, coa participación da Confraría de Pescadores de Miño e a realización dunha fotografía conxunta para a súa incorporación á exposición permanente da Aula da Ría.
  • Celebración dunha degustación de produtos do Golfo Ártabro Norte elaborada por un restaurante beneficiario das axudas FEMPA, como actividade de promoción e valorización dos produtos pesqueiros do territorio.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1. Lograr asentar a memoria cultural marítimo-pesqueira en todo o territorio.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)