Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Fene Mar Vivo

Crear unha rede de entidades e actores sociais ligados ao sector do mar, ao turístico e ao empresarial para acadar por un lado, valorizar os produtos do mar e por outro buscar a diversificación e incluso segundas actividades ás familias do sector do mar para que poidan incorporarse a outros sectores.

Con este proxecto o Concello de Fene a Confraría de Pescadores de Barallobre pretenden aumentar o número de visitantes ao Concello de Fene, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación, unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Fene; Confraría de Pescadores de Barallobre
Datos de interese: 
http://fenevivo.gal/ http://www.fenecidadan.net/portal-cidadan/index/gl http://www.cofradiabarallobre.org/index-gl.html
Perfil empresarial: 
Entidade local Agrupación de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
27/09/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
15
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
84.579€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
82.479€
Total axuda pública aprobada (€): 
61.859,25€
% Subvención: 
75%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
52.580,36
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
9.278,89
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Creación de produtos turísticos que sexan competitivos e comercializables, no que se inclúa a valorización e participación do sector pesqueiro.

- Crear unha rede de entidade e actores sociais ligados ao sector do mar, ao turístico e ao empresarial, sensibilizados en protexer e divulgar o patrimonio pesqueiro de Fene na multitude de actividades que se organizan ao longo do ano.

- Acadar unha valorización e comercialización dos produtos do mar de Fene dentro das diferentes empresas de transformación e de turismo da zona.

- Accións de formación e de creación de rede apoiando a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seu produtos en colaboración con outros sectores do concello.

- Creación dunha marca común, símbolo de entidade que englobará un novo modelo de desenvolvemento no territorio.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Aumentar o número de visitantes ao Concello de Fene

- Incremento das vendas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación.

- Maior demanda dos servizos da hostalería e restauración

- Dinamización da economia local coa promoción da vila mariñeira de Fene 

- Escaparate común onde todas as accións de valorización dos produtos do mar que fagan as diferentes entidades se canalicen de xeito unitario.

- Accións de formación e creación de redes

- Valorización dos produtos do mar do territorio

Principais actividades do proxecto: 

Conxugar un servizo público vencellado ao turismo, para poñer en valor e dar a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira do concello de Fene, creando un microdestino fundamentado principalmente nun posicionamento diferencial.  Accións de dinanización dos sectores implicados (hostalería, comercio de peixe....).

Todas as actividades propostas no marco deste proxecto son acordos e están en liña con tres dos catro obxectivos da EDLP. Accións de promoción, divulgación e creación de produtos turísticos:

- Imaxe de marca "Fene - Mar Vivo". 

- Book Multimedia: Fotografías, videos

- Creación da rede e formación: Readacción dun Manual para a rede; Implantación do Manual para a Rede; accións formativas; Guía do "Mar de Fene"; Paneis direccionais.

- Comunicación exterior e internet: Redes sociais; Escaparate web; folletos, placas; comunicación e contidos

- Aula itinerante para dar a coñecer os produtos comercializados pola Confraría de pescadores de Barallobre

- Actividades de exaltación dos produtos do mar de Fene

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, ente elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro

1.2. Atracción do relevo xeraciónal para asegurar a continuidade pesqueira como base económica sostible do territorio e para o mantemento da cultura e as tradicións mariñeiras.

2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.

2.2. Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración de oferta para mellorar a súa competitividade.

4.1. Posta en valor do patrimonio mariñeiro

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)