
Peixes Lano S.L. é unha empresa familiar con máis de cinco décadas de traxectoria no Mercado da Magdalena de Ferrol, onde continúa unha actividade comercial iniciada no ano 1971. O proxecto ten como finalidade modernizar os seus dous postos de venda mediante a incorporación de novas ferramentas dixitais e equipamento especializado que permitan mellorar a comercialización dos produtos pesqueiros, diversificar a oferta e adaptarse ás novas esixencias normativas e aos hábitos de consumo actuais. Os investimentos contribuirán a reforzar a competitividade da empresa, incrementar a eficiencia na xestión comercial e consolidar un modelo de comercio de proximidade baseado na calidade, a trazabilidade e a valorización dos produtos do mar, favorecendo ademais o mantemento de seis postos de traballo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Modernizar os procesos de comercialización mediante a incorporación de ferramentas dixitais adaptadas ás novas obrigas normativas.
- Mellorar a competitividade da empresa a través da optimización da xestión comercial e administrativa.
- Diversificar a oferta mediante novos formatos de presentación e conservación dos produtos pesqueiros.
- Reforzar a comercialización de produtos do mar amparados pola marca PescadeRías, promovendo a calidade, a trazabilidade e o consumo de produto galego.
- Contribuír ao mantemento da actividade empresarial e do emprego, favorecendo a continuidade dun comercio familiar con longa tradición no Mercado da Magdalena de Ferrol.
- Mellora da comercialización e da trazabilidade dos produtos pesqueiros.
- Incorporación de novos formatos de venda e conservación adaptados ás necesidades actuais da clientela.
- Modernización e dixitalización da xestión comercial mediante a implantación de ferramentas adaptadas ás novas obrigas normativas.
- Incremento da eficiencia dos procesos internos e da competitividade da empresa.
- Reforzo do posicionamento de Peixes Lano como comercio especializado na comercialización de produtos pesqueiros e consolidación da súa actividade no Mercado da Magdalena de Ferrol.
Co obxectivo de modernizar a actividade comercial e reforzar a competitividade dos dous postos que Peixes Lano S.L. xestiona no Mercado da Magdalena de Ferrol, o proxecto contempla a incorporación de novo equipamento orientado á dixitalización da xestión comercial e á mellora da comercialización dos produtos pesqueiros.
As principais actuacións son as seguintes:
- Incorporación de catro balanzas electrónicas con software integrado, adaptadas ao sistema VERIFACTU, que permitirán dixitalizar a xestión comercial, mellorar a trazabilidade dos produtos, optimizar os procesos de facturación, etiquetaxe e control administrativo, facilitando a adaptación ás novas obrigas normativas.
- Adquisición dunha envasadora ao baleiro, destinada á elaboración de novos formatos de comercialización que melloren a conservación, presentación e vida útil dos produtos pesqueiros, favorecendo a diversificación da oferta comercial e un maior aproveitamento do produto.
Estas actuacións permitirán avanzar na modernización e dixitalización da empresa, mellorar a eficiencia dos procesos de traballo, reforzar a comercialización dos produtos do mar e ofrecer unha resposta máis adaptada ás necesidades actuais da clientela, consolidando a competitividade dun comercio familiar con longa traxectoria no Mercado da Magdalena de Ferrol.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

