Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Lanzamento do proxecto de dinamización "As Mulleres do Mar"

O proxecto de dinamización do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE “As Mulleres do Mar” pretende traballar coas mulleres do sector primario do mar fomentando o asociacionismo como vía de mellora e beneficio conxunto e persoal. 

Dentro da súa programación anual de dinamización o GALP Golfo Ártabro Norte pon en marcha un novo proxecto co que pretende traballar coas mulleres do sector primario do mar, sobre todo de agrupacións de mariscadoras pertencentes as confrarías, co fin de ampliar e mellorar as súas competencias, darlles unha visión de futuro sobre o seu traballo e outras actividades que poidan realizar e fomentar o asociacionismo como unha vía de mellora e beneficio conxunto e persoal.

O programa vai destinado a unhas 90 mulleres das 6 confrarías da zona e desenvolverase ata o mes de xullo. 

O programa divídese en actividades de dous tipos:

-sesións de aula (de dinamización, formativas e divulgativas) sobre o estado actual das traballadoras, importancia das habilidades sociais e asociacionismo.


-encontros con mulleres doutras asociacións de mulleres do mar. É importante e interesante o contacto directo con outras mulleres que teñen o mesmo traballo e que deron o paso de constituír unha asociación. 


As actividades desenvolveranse a través dunha metodoloxía práctica e dinámica, fomentando a participación activa das mulleres. 
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN. Pódese contactar directamente co GALP a través de galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal ou de xeito presencial na súa oficina en Casa do Pescador, Rúa Curro, nº 33. 15630 Miño.