Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ostras do Ártabro

Este proxecto, promovido conxuntamente polas Confrarías de Pescadores de Barallobre e Pontedeume, ten como obxectivo principal revalorizar a ostra rizada (gassostrea gigas), un recurso mariño que ata hai pouco era considerado unha especie invasora e de escaso valor comercial no Golfo Ártabro.
A iniciativa busca promover o seu aproveitamento gastronómico a través da transformación artesanal do produto, experimentando con diferentes formatos de consumo: tanto en fresco como en conserva. Mediante unha metodoloxía de proba e mellora, o proxecto permitirá testar novas formas de preparación, coa finalidade de crear conservas de calidade e alto valor engadido, sempre dentro da normativa da artesanía alimentaria galega.
Ao longo do proceso desenvolveranse accións formativas, sesións demostrativas e presentacións públicas, implicando activamente ás confrarías e á comunidade. O obxectivo último é xerar novas oportunidades económicas no sector, apostar pola innovación sostible e converter a ostra rizada nun símbolo de aproveitamento responsable e identidade local.
Máis alá do valor económico, o proxecto ten un claro impacto colectivo: fortalece a identidade mariñeira da zona, abre novas posibilidades de aproveitamento sustentable do medio mariño e sitúa ás confrarías participantes como axentes activos na dinamización do seu territorio. Con esta proposta, a ostra rizada deixa de ser vista como un problema para converterse nun símbolo de oportunidade.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Pontedeume / Confraría de Pescadores de Barallobre
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
01/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
17
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Pontedeume e Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
39.990,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
35.271,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
35.271,50€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
24.690,05€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
10.581,45€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

•  Revalorizar a ostra rizada (gassostrea gigas) como recurso pesqueiro de interese económico e gastronómico no Golfo Ártabro, promovendo a súa transformación e consumo.
•  Impulsar a innovación no sector pesqueiro artesanal, mediante a elaboración de prototipos de conserva que poidan abrir novas vías de comercialización sostible.
•  Xerar coñecemento e formación práctica sobre a transformación e aproveitamento da ostra, implicando ás confrarías participantes e ao conxunto da comunidade mariñeira.
•  Crear un modelo de aproveitamento extrapolable a outras zonas costeiras, que permita diversificar rendas no sector e dar saída a recursos ata agora pouco valorizados.
•  Dar visibilidade ao traballo das confrarías e fomentar a colaboración entre axentes do sector pesqueiro e outros ámbitos (formación, promoción, innovación).
•  Fortalecer a identidade mariñeira local, poñendo en valor o coñecemento tradicional e os recursos do territorio.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Prototipado artesanal de polo menos 4 conservas distintas de ostra rizada, testadas para avaliar aceptación, sabor e potencial de mercado.
Incremento do coñecemento e capacitación técnica nas confrarías participantes sobre a transformación e conservación da ostra.
Valorización dun recurso antes considerado invasor, achegando alternativas económicas viables e sustentables ao sector pesqueiro.
Creación de materiais promocionais e demostrativos para a difusión pública do produto e das posibilidades gastronómicas da ostra rizada.
Sesión conxunta de formación e degustación con participación das confrarías de Pontedeume e Barallobre, como ferramenta de visibilización e aprendizaxe.
Establecemento dun modelo de transformación extrapolable a outras confrarías e territorios galegos.
Reforzo da colaboración entre confrarías, fomentando o traballo en rede e a posta en común de recursos e coñecementos.
Posicionamento da ostra rizada como produto singular dentro da oferta gastronómica local e como elemento de identidade territorial.
Principais actividades do proxecto: 
1. Coordinación, imaxe e comunicación
O proxecto contará cun plan integral de comunicación que inclúe a creación dunha identidade corporativa e un nome propio. Desenvolveranse materiais de divulgación como cartelería, lonas e displays, así como contidos para redes sociais e medios, incluíndo entrevistas e reportaxes.
2. A Ostra Artesá
Esta liña céntrase na transformación da ostra rizada en conserva:
Laboratorio de ideas para o desenvolvemento artesanal da conserva.
Creación da imaxe gráfica da marca Ostra do Ártabro.
Xornadas de prototipado e contraste de 4 elaboracións conserveiras en cada unha das confrarías participantes.
Preparación das elaboracións para a súa presentación.
Elaboración dunha folla de ruta de cara á súa posible comercialización.
3. A Ostra no Prato
Actividades enfocadas na ostra como produto gastronómico en fresco:
Investigación sobre o recurso e os seus usos alimentarios.
Sesións de prototipado e testeo de elaboracións en fresco.
Creación dun receitario coas propostas desenvolvidas.
Degustación das receitas durante o evento final do proxecto.
4. A nosa Ostra. Ostra do Ártabro
Peche do proxecto con actividades de difusión e posta en valor:
Xornada final "A Ostra do Ártabro", aberta ao público.
Relatorio divulgativo "O círculo da ostra", explicando o proceso desde a extracción ata a mesa.
Actividade gastronómica con degustación de produtos en fresco e en conserva, elaborados polas confrarías.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)