Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Miño circular 360

A Confraría de Pescadores de Miño impulsa un proxecto pioneiro centrado na análise integral dos seus procesos e produtos, aplicando unha visión 360º baseada na economía circular. Esta iniciativa ten como finalidade coñecer en profundidade os métodos de produción, os recursos extraídos e o funcionamento interno da confraría, co obxectivo de deseñar un plan de desenvolvemento sostible a medio e longo prazo.
Un dos piares centrais do proxecto é a valorización de subprodutos, como a concha da ostra rizada, convertendo residuos en novas oportunidades económicas dentro do marco da economía azul.
Estrutura do proxecto:
Fase I – Análise e recompilación da información: revisión detallada dos procesos produtivos e da tipoloxía dos produtos mariños extraídos.
Fase II – Diagnóstico e identificación de oportunidades: detección de áreas de mellora e posibles solucións baseadas en criterios de eficiencia e sostibilidade.
Fase III – Intercambio de experiencias e novas oportunidades: exploración de boas prácticas e iniciativas innovadoras doutros sectores e territorios.
Ademais, o proxecto inclúe:
A adquisición de ferramentas operativas para mellorar a xestión interna e a eficiencia na xestión de residuos.
Apoio á confraría na creación de contidos dixitais e na dinamización das súas redes sociais, mellorando así a súa visibilidade e comunicación externa.
Este proxecto supón un paso adiante cara a unha confraría máis moderna, consciente do seu impacto ambiental e preparada para liderar novos modelos sostibles de produción e comercialización no ámbito mariñeiro.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Miño
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
01/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Miño

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
32.970,63
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
32.915,10
Total axuda pública aprobada (€): 
32.915,10
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
23.040,57
FEMP (%): 
70
CA (€): 
9.874,53
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
3
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
Este proxecto nace coa vontade de impulsar unha transformación sostible, innovadora e inclusiva na Confraría de Pescadores de Miño, a través da aplicación de principios da economía circular e azul. Entre os seus principais obxectivos destacan:
Valorización do produto pesqueiro, mellorando a súa calidade, trazabilidade e procesos de comercialización, para acadar un maior valor engadido.
Defensa e promoción da pesca artesanal, garantindo a súa continuidade, sustentabilidade e recoñecemento como actividade esencial para o medio mariño e o tecido socioeconómico local.
Fortalecer a aprendizaxe colectiva e fomentar a innovación, mediante o intercambio de experiencias, o acceso a novas ferramentas e a participación activa dos profesionais do mar.
Explorar modelos de aproveitamento da ostra rizada, especialmente a reutilización das súas cunchas en sectores como a industria farmacéutica e nutracéutica ou a construción, apostando por novas formas de transformación sustentable.
Impulsar a economía azul, favorecendo un uso eficiente e responsable dos recursos mariños, que combine rendibilidade económica, conservación ambiental e beneficio social.
Dixitalización da confraría, mellorando a súa presenza en liña, a xestión das redes sociais e as estratexias de comunicación co público.
Divulgación do patrimonio mariñeiro e do produto pesqueiro, achegando á sociedade o valor cultural, económico e ambiental da actividade pesqueira a través das canles dixitais.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Mantemento do emprego na confraría e nas actividades de marisqueo e pesca artesanal, favorecendo a estabilidade do sector.
Mellora da comercialización da ostra rizada, potenciando o seu aproveitamento como subproduto con valor de mercado e reducindo o impacto ambiental.
Xestión máis eficiente e valorización dos produtos pesqueiros, contribuíndo a unha cadea de valor máis rendible e sustentable.
Aplicación práctica dos principios da economía azul e circular, que permiten reducir residuos, revalorizar subprodutos e aproveitar mellor os recursos dispoñibles.
Identificación de novas oportunidades de comercialización e transformación, abrindo vías para a diversificación da actividade económica mariñeira.
Sensibilización da comunidade local sobre a sostibilidade pesqueira, a través de accións de divulgación e comunicación.
Principais actividades do proxecto: 

•  Adquisición de equipamentos e ferramentas: motoazada Stiga con xogo de rodas e cultivador, transpaleta galvanizada, monocular térmico, equipo de frío con unidade Embraco, plancha de metacrilato e equipamento informático (portátil e canón dixital).
•  Viaxe de estudo: coordinación cos provedores locais para a organización da xornada, gastos de desprazamento e acompañamento dun equipo divulgador especializado.
•  Redes sociais: creación e mantemento dos perfís oficiais da Confraría durante as accións previstas en 2025, así como a planificación e estratexia dos contidos.
•  Análise estratéxica: elaboración dun plan de economía circular e desenvolvemento sostible, orientado a optimizar recursos e mellorar a xestión ambiental.
•  Estudo de innovación: investigación sobre a transformación da ostra rizada en ingredientes de interese para a industria nutracéutica, explorando novas oportunidades de valorización do recurso.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)