Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Pontedeume acolle unha charla sobre as axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

O Concello de Pontedeume, xunto co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, organiza unha charla sobre as axudas do FEMP para o impulso e posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.

A xuntanza será o luns 30 de novembro ás 16:00 na Casa da Cultura de Pontedeume.

Se o mar está presente no teu proxecto, achégate á charla para coñecer os requisitos, trámites e iniciativas que poden ser impulsadas con esta liña de axudas.

O aforo é limitado, polo que é preciso inscribirse previamente no teléfono 981784417 ou no e-mail: galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal

Grazas polo voso interese!