
Natureza de Laraxe, S.L. é unha empresa creada no ano 2020 para poñer en marcha un negocio para a promoción da convivencia e interacción coa natureza á vez que se conta cun espazo de aloxamento en formato de albergue que facilite esa interacción. Este proxecto vai consistir esencialmente na creación dun establecemento no que se integre actividades de lecer e aire libre xunto co servizo de albergue, vinculando e integrando ambas as dúas actividades. Taller divulgativo sobre as instalacións sostibles.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en valor do espazo natural do territorio con actividades divulgativas de promoción e defensa da natureza cunhas instalacións ecosostibles que fomente a interacción con espazos abertos e coa divulgación e coñecemento do espazo natural no que se instalará a actividade produtiva.
Creación de emprego no territorio.
Posta en marcha dunha nova fórmula de simbiose sostible lecer-divulgación da natureza non existente no Concello de Cabanas.
Potenciar os recursos locais en materia de actividades lúdicas vinculados co patrimonio natural e o seu propio coidado, o valor mariñeiro e o benestar persoal, facendo máis atractivo este ámbito territorial para as persoas visitantes.
Axudar a consolidar novas e innovadoras fórmulas empresariais no territorio, buscando sinerxias dos demias axentes do mesmo para abrir novas experiencias á poboación visitante.
Buscar un novo modelo de establecemento sostible que se centre na fusión entre benestar coñecemento do medio, e goce da natureza e do entorno mariño do GALP Golfo Ártabro Norte.
Xerar novos empregos no ámbito de actividades locais diversificadoras, ao tempo que se da máis posibilidades ao emprego indirecto a xerar tamén no territorio.
Poner en marcha unha nova fórmula de negocio.
Desestacionalización do turismo
Sentar as bases dun novo modelo de lecer máis orientado ao contacto co patrimonio natural, da convivencia coa natureza e o benestar persoal, factores cada vez máis valorados pola poboación visitante e que posibiliten unha maior desestacionalización do fluxo económico do territorio.
Contribuír a chamar máis a atención sobre o potencial natural e sostible e do ocio ao aire libre de Cabanas e do propio Golfo Ártabro Norte, como destino de lecer.
Construción e acondicionamento recinto e instalación cabañas e barracón.
Actividades de divulgación
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Acadar un medio natural sostible.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)