
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, código do procedemento PE155A (DOG nº36 do 21 de febreiro de 2025).
Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:
Certificado Xunta Directiva resolución provisional Convocatoria 2025
Anexo I. Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2025
Anexo II. Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2025
Anexo III. Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 760 Convocatoria 2025
Anexo IV. Proposta provisional Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2025
Anexo V. Informes de valoración 770, 780 e 760.
Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos das partidas orzamentarias 770, 780 e 760, así como os desestimados/inadmitidos da Convocatoria 2025, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 770, 780 e 760 para esta convocatoria 2025.
Outórgase un prazo de alegacións de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na web galp.xunta.gal, rematando o prazo de presentación de alegacións o día 9 de maio de 2025.

