Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta resolución definitiva Xunta Directiva. GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE. Convocatoria 2026

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte seleccionou provisionalmente en reunión mantida o día 8 de abril de 2026 os proxectos considerados prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, conforme aos criterios establecidos nesta e ao disposto na Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ao abeiro das EDLP, no marco do FEMPA 2021-2027 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 2026, procedemento PE155A).

Outorgouse un prazo de alegacións de 10 días hábiles dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que foi o día 8 de abril de 2026, rematando o prazo de alegacións o día 22 de abril de 2026.

Rematado o período de alegacións, recibiuse unha alegación ao respecto do seguinte proxecto, que foi debatida nunha reunión de Xunta Directiva celebrada o día 21 de abril de 2026, previa proposta do equipo técnico : PE155A-2026-00204.

Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha proposta de resolución definitiva, Convocatoria 2026, que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva. 

Esta proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos das partidas 760, 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos da Convocatoria 2026, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade de crédito orzamentario para as partidas orzamentarias 760, 770 e 780 para esta convocatoria 2026.

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Certificado Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2026

Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 760 Convocatoria 2026

Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2026

Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2026

Anexo IV. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2026