Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Publicado o Informe de Avaliación Intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

 

A finalidade deste informe é a de realizar unha avaliación intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (en diante EDLP) do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, por parte do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte. 

 

Esta avaliación fai referencia ao traballo desenvolto polo GALP Golfo Ártabro Norte, como entidade colaboradora na xestión do FEMP coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, nas anualidades de 2016, 2017, 2018, e parte de 2019.

 

Este informe da resposta ao establecido na cláusula décimonovena, sobre a obriga de seguimento e avaliación da aplicación da EDLP, recollida no Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o GALP, para a aplicación da EDLP no marco do desenvolvemento sostible das zonas de pesca do FEMP 2104-2020.

 

Para poñer en marcha o programa operativo do FEMP era un requisito imprescindible o de constituír unha asociación local de diversos axentes que se encargase da xestión de dito programa, poñendo en marcha e aplicando a mencionada estratexia. Dito documento é o eixe central sobre o que se vertebra a xestión e o funcionamento do GALP, e tamén a gobernanza do conxunto de axentes do territorio que participan da mesma.

 

A estratexia define as principais liñas de actuación no conxunto do período 2014-2020, polo cal a avaliación intermedia é un importante paso para dar conta de cal é a situación real da súa execución, de cara a establecer os mecanismos correctores oportunos.

 

Esta avaliación parte da información proporcionada polo GALP, en relación á execución do conxunto de actividades contempladas ao abeiro da súa estratexia, isto é, gastos do programa de axudas e gastos de xestión do programa. A información proporcionada dá conta das actividades sociais do GALP e do seu papel como entidade que xestiona o programa de axudas do FEMP. 

 

Para ver o documento completo cos resultados, preme AQUÍ