Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Reunión das mesas sectoriais do GALP Golfo Ártabro Norte

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, está colaborando coa Consellería do Mar na aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Despois de xestionar varias convocatorias do programa de axudas do FEMP é o momento de facer a avaliación intermedia do traballo desenvolto. Este proceso pretende reunir unha ampla participación de axentes e entidades do territorio, para o cal se van a realizar reunións das Mesas Sectoriais e un Foro final de presentación de resultados, previsto para o mes de novembro.
As reunións das mesas sectoriais, celebraranse o día 22 de outubro de 2019, na sede do GALP (Casa do Pescador Rúa do Curro, 33 15630 Miño). O seu horario é o seguinte:
 
Mesa do sector público 12:00 Alcaldes e concelleiros;  Persoal técnico (ADL, técnicos de áreas
Mesa do sector pesqueiro 17:00 Confrarías de pescadores ;  Asociacións e empresas do sector pesqueiro
Mesa so sector económico e social 19:00 Asociacións empresariais, de comerciantes, etc.;  Entidades e colectivos sociais;  Promotores e empresarios.
 
Nestas reunións farase unha presentación dos resultados do programa de axudas e a continuación realizarase unha valoración conxunta sobre a execución do programa, para avaliar o seu funcionamento. Interésanos saber cales son as súas opinións a respecto da xestión das subvencións, a utilidade e o impacto que tiveron nas súas respectivas entidades, e como non, tamén que observacións ou propostas de mellora consideran interesantes para incrementar a relevancia deste programa de axudas.