Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

Puntuación obtida polos candidatos presentados á proba escrita (fase 1) da proba de seleción dunha praza de técnico/a en réxime de peroal laboral do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, celebrado o día 12/03/2018.

Poden consultar as puntuacións no seguinte enlace:

/sites/default/files/proceso_selecion_tecnico_resultados_proba_escrita_asinado.pdf

Rematado o prazo de subsanación de documentación para a inclusión no proceso de selección de persoal Técnico/a do GALP A Mariña-Ortegal, para aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDPL) no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca  (FEMP 2014-2020), de conformidade coa base quinta "Admisión de participantes", faise pública a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as:

Consultar no seguinte enlace:

Rematado o prazo de presentación de instancias e documentación para inclusión  no proceso selección de persoal Técnico/a do GALP A Mariña-Ortegal, para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDPL) no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020), de conformidade coa base quinta "Admisión de Aspirantes" faise pública a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as nos lugares establecidos nas bases reguladoras.

A relación pode consultarse no seguinte enlace:

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, convoca o proceso de selección de persoal para a cobertura dun posto de Técnico para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020).

Páxinas