Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

Publicado: 02/08/2024

Finalizado o proceso dun posto de Persoal Técnico/a para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA 2021 -2027), dase publicidade aos resultados do proceso:

Anuncio Resultados

Publicado: 26/07/2024

De conformidade coas Bases do proceso selectivo, os aspirantes que superaron a fase PROBA ESCRITA, están convocados para a realización da fase ENTREVISTA, o próximo 29 de xullo, no lugar e hora que se indican a continuación:

 

Consulta aquí horario e lugar da ENTREVISTA

Publicado: 26/07/2024

Realizada proba escrita-TIPO TEST, dun posto de Persoal Técnico/a para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA 2021-2027), de conformidade coa base octava “FASE 1ª.-Proba escrita de coñecementos”, dase publicidade dos aspirantes que ha superado a mesma.

 

Publicado: 22/07/2024

Dende o GALP A Mariña-Ortegal temos o placer de convidarvos ao  primeiro dos seis parladoiros que o GALP A Mariña- Ortegal levará a cabo no territorio no presente ano 2024.

A xornada terá lugar en Burela, o vindeiro sábado 3 de agosto de 11:00-13:00, no marco da XXII edición da Feira Produart.

A temática está enfocada na posta en valor e o papel dos distintivos e marcas comerciais como elementos que reforzan a comercialización, e por tanto o consumo, dun produto pesqueiro san, saudable, de calidade, pero sobre todo sostible e dunha pesquería responsable.

Páxinas