Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

Publicado: 15/07/2024

Convocatoria Fase Primeira (Proba Escrita Tipo Test)

Na reunión celebrada o 11 de xullo de 2024, a Comisión de Selección acordou repetir a Primeira Fase , ante unha interpretación inadecuada da mesma na proba celebrada o 27 de xuño de 2024.

En consecuencia, convócanse de novo os aspirantes para a realización da proba o día 22 de xullo de 2024 ás 17:00h:

AULA CEMIT do Concello de Marín

Edificio Biblioteca Municipal. Primeiro Andar.

Publicado: 10/06/2024

 

De conformidade coa Base Quinta "Admisión de aspirantes", expirado o prazo de presentación de instancias, proponse:

 

 

 

Concédese un prazo de 2 días hábiles para corrección de defectos

Publicado: 14/05/2024

Unha vez transcorrido o prazo de alegacións (2 días hábiles) sen terse presentado reclamacións, elevase a proposta da Comisión de Seleccion do GALP A Mariña-Ortegal a definitiva, no enlace seguinte:

Publicado: 09/05/2024

Unha vez finalizada a entrevista, pásanse a publicar os resultados obtidos polos/as candidatos/as nas tres fases do proceso de selección, por orde de puntuación total obtida, no seguinte enlace:

Páxinas